sábado, 25 de septiembre de 2010

Á Sra. Decana “en funcións” da Facultade de Ccias. Da Educación e do Deporte de Pontevedra:

Son unha alumna deste centro e gustariame dirixirme a vostede para aclararlle un par de puntos que, o outro día, me deixaron pensando, reflexionando sobre o que tentou explicarnos.
Os alumnos de segundo do Grao en Educación Primaria presentamos unha protesta ante o mal estado do mobiliario das aulas. Posuimos unhas desastrosas sillas nas que apenas podemos tomar apuntes debido a que a pala cae, nalgunhas xa non hai pala, son incómodas e, ainda non logramos descubrir como chegar a poñer un portátil nesa maravillosa pala.

Cando entregamos a protesta, vostede mesma se encargou de deixarme claro que o centro non tiña cartos, que cada unha desas “maravillosas” sillas lle custara 300€, que eran as máis adecuadas para os traballos en grupo do “inmellorable” Plan Bolonia e que, como non, arrastraban unha débeda de 10000€ debido á compra dunhas mesas que xa reclamaramos o ano pasado. Si, para aqueles que non saiban de que vai isto, xa presentaramos a mesma protesta o pasado ano e só puxeron mesas na aula da que recibiron as protestas, co cal, este ano, atopámonos na mesma tesitura.

Pois ben, vostede, Sra, Decana, entro una aula moi ofendida polo feito de que a protesta fose a mesma do ano pasado e, tamén, porque tivemos o erro de poñer Sr. en lugar de Sra. Pola miña parte, autora da protesta, pídolle desculpas polo gran erro de poñer Sr. pero creo que debe ter en conta que, se vostede se sente ofendida por iso, nós sentímonos ofendidos polo feito de ter que estar sentados nunhas sillas onde non nos entra nin un folio. Ademais, a protesta era a mesma pero, se o problema tamén é o mesmo, que se supón que debbemos facer?? Pero, se ben é certo, non se trata xusto da mesma protesta xa que hai un parágrafo novo, un parágrafo que di algo así “…presentamos a mesma protesta o ano pasado e o único que conseguimos foi que se puxesen mesas na nosa aula de referencia naquel momento, co cal, este ano atopámonos na mesma tesitura. A pregunta é, teremos que estar protestando todos os anos polo mesmo?...”

Se vostede lese todo o escrito daríase conta de que hai algo diferente e de que, nós mesmos, lle estamos a dicir que é a mesma protesta, co cal, cal é o problema??

Por outra banda, cando nos di que cada silla lles custou 300€ e que as mesas do ano pasado lle supuxeron 10000€ que aínda están arrastrando, que é o que pretende?? Dar pena?? Penso que eses prezos son unha estafa así que, quizais, o que deberían facer sería comparar prezos e elixir ben o lugar onde mercar o mobiliario.

Para finalizar, cando nos fala dos recortes de presuposto que están a sufrir a min ocúrreseme facerlle unha comparación para que sea quen de darse conta de as necesidades básicas sempre teñen que ser cubertas.

Pois ben, o exemplo é o seguinte: neste momento en España hai moitísimas familias que están vivindo do paro, unha desas é a miña. Aínda que o paro supón moitos menos cartos que cando se está a traballar, esas familias ó igual que a miña, teñen que seguir cubrindo as súas necesidades básicas como o son comer, vestirse,… Polo tanto, por moitos recortes que se teñan dado na facultade, as necesidades básicas do alumnado teñen que ser cubertas e, na miña opinión, unha delas é a de ter mesas nas que poidamos escribir comodamente, isto é básico nun proceso de enssinanza-aprendizaxe.

Espero que se chega a ler este escrito reflexione e se dea conta das nosas razóns. Non nos queixamos por vicio.

martes, 21 de septiembre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 5

Venres, 27 de Xaneiro

¿Por que tardaba tanto? Íbamos a chegar tarde a casa de Jorge. Últimamente semellaba unha pantasma. Quedáramos ás once e xa eran as doce menos cuarto. E ademáis tiña o móvil apagado. Chamarei a Jorge, a ver que facemos.

-Ola Jorge, son Lucas.

“¿Que pasa? ¿Que facedes que non chegastes aínda?”

-É Jose, que non aparece.

“A este rapaz cada vez véselle menos. Ben, entón xa quedaremos outro día.”

-Vale, adeus.

“Ata outra.”

No fondo dinlle as grazas a Jose por non vir. Así podía ir a ver a Ainara.

Fun á estación e collín un autobús cara a zona residencial onde vivía Ainara. O traxecto non era moi longo, non máis de corenta minutos. Non fun capaz de desconetar e relaxarme. Tiña a cabeza feita un lío e iso que aínda non empezáramos cos exames. Sei que Ainara non mo contou todo para non facerme dano pero, ¿por que? Dixenlle que podía confiar en mín. Non o podo entender. E aínda por riba, Jose leva unhas semanas moi raro. Non me dirixe a palabra, chega tarde a clase e a todas partes e non me mira á cara, como intentando esconder algo. Compórtase como se fixese algo malo. E para enredar máis esta situación, meus pais. Non lles dixen nada sobre Ainara e o raro é que non me preguntan nada de nada. Cando saía antes polas tardes, miña nai sometíame a un interrogatorio de terceiro grao. Para saber que fixera, que bebera, a onde fora e, sobre todo, con quen estivera. Pero agora que practicamente desaparezo da casa despois do instituto non me fai nin unha soa pregunta. É raro, pero así tampouco lles teño que mentir.

O autobus parou. O barrio residencial estaba ao este da cidade e preto do instituto ao que vamos. A súa casa está ao fondo da primeira rúa. É a número 36, desde o momento en que vin por primeira vez a esta casa, sempre me pareceu raro que o cuarto do hospital donde estivo Ainara fora o 136. Creo que nunca estiven tanto tempo nun hospital desde que naceu miña irmá Daniela e diso xa fai 7 anos.

Cheguei á casa e toquei ó timbre. Ninguén abriu. ¿Pasaría algo? Se fora algo malo xa me enteraría. Din que as malas noticias voan. Chamei por segunda vez, pero tampouco abriron.

-Sairon pola mañá cedo -xireime cara a casa da dereita. Unha señora baixiña cunha regadeira na man falábame dende a porta da súa casa-. ¿Quen es ti?

-Un amigo de Ainara. ¿Sabe a onde foron? -non sei se a muller escoitou a miña pregunta. De feito creo que me ignorou.

-¡Ah! Xa sei quen es. Vinte vir visitar á filla de Marina esta semana.

-¿Pero sabe a onde foron?

-Si, creo que ao hospital. Foron Marina e a súa filla, porque Ignacio foi abrir a libraría, como todas as mañás.

-Moitas grazas. Adeus.

-¡Adeus!

A veciña dos Leyva Prieto seguiu regando as súas plantas deixándome con máis dudas que antes. ¿que pasaría para que tivesen que ir ao hospital? Ao mellor sí iba facer un control rutinario.

Xa van ser as doce e media. Mellor que vaia ao instituto. Onte pola tarde, Alicia chamou a miña casa. Díxome que quería falar comigo. Non sei sobre que, pero igualmente lle dixen que iría no segunto recreo. Agora que o penso, acábome de lembrar que onte pola mañá lle din a carta de Ainara, donde creo que lle conta toda a verdade do que sucedeu en Aninovo. Preciso tanto sabelo todo, que estiven a unto de lela, pero non o fixen. Non sei por que Ainara mo oculta. Ben, menos mal que ó estar o instituto ao lado do barrio residencial non chegarei demasiado tarde.

Hai dous institutos públicos. Nun ademáis de secundaria tamén hai bacharelato e no outro formación profesional. Eu vou ó primeiro e non está nada mal. Ten de dúas a catro clases por curso e preto de trinta alumnos por clase. Pódese dicir que está bastante completo. Nótase sobre todo nos recreos e á hora da salida, que é cando nos xuntamos todos.

Quedara con Alicia na miña clase polo que subín dous pisos e entrei na primeira clase á esquerda da parte máis nova do instituto, destinada ás aulas de bacharelato. Cando entrei na clase xa estaba Alicia sentada na mesa do mestre e cun sobre diante. Cada vez tiña máis curiosidade por saber de que quería falarme. Pode ser que fora sobre a miña melloría na materia. As clases de Ainara estábanme axudando moito. Xa casi facía máis cousas sen dubidar, ben e á primeira. Ou sobre Ainara, pero non sei que me quere dicir. Entrei na aula.

-Hola Lucas -Alicia levantouse e apoiouse no borde da mesa diante miña-. Grazas por vir.

-Hola, ¿de que querías falarme? -estaba tan tranquila que non debía ser nada malo. Ou tamén pode que sexa malo e de entrada non queira asustarme.

-É sobre Ainara...

-¿Pasoulle algo? ¡Pero non te cales!

-Eu non sei como dicircho. Así que é mellor que leas isto, así entenderalo dunha vez por todas.

Tendeume o sobre que supuxen era a carta que lle escribira Ainara. Non sei cal será a verdade pero temo o peor. Desde o día que a encontrei desmaiada naquela libraría e a levei ao hospital, imaxinábame cousas. Debía relaxarme un pouco. As cousas non podía ir a peor. Ou iso creo. Collín o sobre e abrino. Agora mesmo teño entre as mans as respostas que preciso. Éntranme as dudas.

-Non sei se debo...

-Lea

Ben, alá vou.

Alicia.
Non sei como dirixirme a ti. Fáiseme moi raro pensar en ti como algo distinto a unha mestra.
Despois do sucedido, fáiseme moi difícil confiar na xente. Sobre todo á que “creo” coñecer. A xente sempre me sorprende para ben ou para mal. Claro está que non facía falta que me sucedera tal cousa para darme de conta.
Referente a mín, creo que estou ben dentro do que cabe. Meus pais querían levar ao culpable a xuízo, como é lóxico, pero disuadinos. Exactamente non sei porque o fixen, pero naquel momento non sei en que pensaba. Ao mellor si mo propoñen para a semana igual lles digo quen foi. Debe pagar polo que fixo.
Polo menos, de todo isto sairá algo bo e é que as notas de Lucas mellorarán coas miñas clases. E seguirá así mentres non saiba quen é a personaxe que tratei de ocultar, sin motivo, pero xa estou farta de encubrir unha inxustiza. Cando el o saiba, non sei que vai pasar. Supoño que se levará unha decepción. Son consciente de que mentres non o asuma non volverei a velo por aquí. Enténdoo. Creo que entenderás todo isto se che digo que o culpable estaba moi borracho e é Jose, o mellor amigo de Lucas.
Atentamente,
Ainara.



Foi Jose, o meu mellor amigo. Esas palabras aínda resonaban na miña cabeza. Non o podo crer, pero agora todo encaixaba. Por iso Jose se comportaba desa maneira tan rara. El acordábase de todo, seguro, a pesar de estar “moi borracho” aquela noite. Tampouco me parece normal isto último xa que nunca bebemos ata o extremo de perder o control. Aquela noite eu non salín. Sempre me pareceu unha loucura saír en Aninovo.

De repente, a porta da aula abriuse.

-¡Hoal Alicia! Podo fal... -pasou a súa mirada desde a carta ata min dúas veces. Vin o medo reflexado na súa cara- Lucas... eu...

Comprendo perfectamente que mo ocultara, pero nese momento todo me semellaba imposible. Teño que falar con Jose. Da súa boca asomaba o que parecía unha desculpa, pero non lle din nin tempo. Deixei a carta encima da mesa, diante de Alicia, e funme correndo. Non me daría conta do dano que lle faría a Ainara ata uns días máis tarde, pero naquel momento a miña fuxida era necesaria e tampouco parei a pensar. Simplemente, fuxín.


CONTINUARÁ

                                        

¿Por que Ainara tivo que ir ao hospital? ¿Realmente era un control rutinario? ¿Que irá facer agora Lucas, que xa sabe toda a verdade? E sobre todo, o máis importante ¿que quererá dicir "non me daría conta do dano que lle faría a Ainara"?
Lucas saberao dentro de case dúas semanas, pero tranquilos, que para a semana que ven xa poderedes ler o próximo capítulo.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Jesús Neira

O profesor universitario Jesús Neira saltou ós medios de comunicación debido á súa heroica actuación nun caso de violencia de xénero.
Violeta Santander estaba sendo agredida, presuntamente, pola súa parella, Antonio puerta, e o protagonista deste artigo defendeuna o cal lle custou graves lesións por parte da parella da agredida.

Naquel momento, no 2008, esta actuación fixo que Jesús Neira fose alabado e eloxiado por todos aínda que Antonio Puerta quedou en liberdade.

Por outra banda, este caso fixo que recibise a Medalla de Ouro ó Mérito Cidadá da Comunidade de Madrid, a Medalla de Ouro do Senado e a Gran Cruz do Mérito Civil. Tamén se lle concederon numerosos premios como o Premio Dereitos Humanos 2008 da Asociación Pro Dereitos Humanos de España e comezou a ocupar o posto de presidente do Consello Asesor do Observatorio Regional contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid.

Na actualidade esta imaxe intachable foi substituída pola de fascista, Neira é visto coma un membro de extrema dereita e a continuación podemos ver o por qué.

A finais do mes de agosto do presente ano Neira foi detido pola Guardia Civil tras observar que un vehículo circulaba pola rúa facendo “eses”. Cando se lle realiza o control de alcoholemia descúbrese que triplicaba a taxa pero, o incrible é que ofrece resistencia ás autoridades e, ademais, asegura que só tomou unha copa.

En declaracións posteriores Jesús afirma que non inxerira máis que unha copa de alcohol, que el non bebe porque está a tomar unha medicación coa que non pode mesturar bebidas alcoholicas. A pregunta é, se non pode tomar este tipo de bebidas, por que o fixo?? E o máis importante, pensa que somos todos parvos para crer iso despois de que ó realizarlle a proba deu positivo??

Por outra banda, asegura estarlle agradecido ás autoridades por telo detido xa que el notaba que non se atopaba ben, e non era quen de conducir. E se isto é certo, por que non se detén?? Por que continúa ó volante?? Pareceme incrible, unha burla cara os españois.

Esta situación desencadeou graves críticas polos medios de comunicación que anteriormente o calificaran como heroe e, ademais, fixo sair á luz estrepitosamente, serias declaracións que tiña feito na contra do presidente do goberno, da Constitución, etc.

Actualmente certas persoas declararon que, cando Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid, lle ofreceu o cargo como presidente do Consello Asesor do Observatorio Regional contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid, fixoo para tentar ocultar, evitar denuncias por parte do profesor por irregularidades médicas que sufriu mentras se estaba a recuperar da agresión recibida.

Ademais, no seu polémico libro “España sin democracia” criticou gravemente a Constitución o que lle custou acusacións de fascista e de membro de extrema dereita.

Para continuar, numerosas asociacións defensoras dos dereitos da muller afirman que Neira non posúe a “sensibilidade” nin o “coñecemento” precisos para presidir dito Consello.

Finalmente, o día 6 do presente mes o profesor foi condeado a 1800€ de multa e á retirada do carné de conducir durante dez meses por triplicar a taxa de alcohol. Ademais, Esperanza Aguirre destituiu a Neira do seu cargo no Consello contra a Violencia de Xénero. A resposta de Neira?? Que agradecía que lle sacasen o carné porque non lle gusta conducir e así tiña unha escusa para non ter que facelo. Incrible non??

Despois de ver todo isto, e logo de telo reflexionado, cal pode ser o pensamento dos españois?? Resumireino brevemente: este señor tomounos o pelo a todos; estase rindo de nós coas súas declaracións; as súas críticas contra a constitución poden demostrar as afirmacións de quen o denomina fascista; o cargo que ocupou grazas á presidenta da Comunidade de Madrid foi un insulto cara todas as mulleres que padecen violencia de xénero porque esta persoa é a menos indicada para ocupalo; se tivese un mínimo de decencia sería el o que había de dimitir de dito cargo; a sanción imposta é insuficiente; e, o que é máis importante, todos estes recentes sucesos fannos pensar e, polo que a min respecta, dubidar moito de que o caso de violencia de machista que o fixo saltar á palestra tivese sucedido como nos quixo facer crer.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 4


Venres, 20 de Xaneiro

O resto da semana non pasou moi rápido, pero tampouco se me fixo eterno. Lucas viu a visitarme o mércores que era o meu último día no hospital e o xoves volvín á casa. Tiña tantas ganas de regresar ó meu cuarto. Ademáis, Lucas viu pola tarde, despois das clases. Durante eses días, facíamos os deberes e correxíamos os do día anterior, tamén comentábamos algunhas cousas do libro, aínda que nos faltaba moi pouco para acabalo. Todo seguía igual. Pola contra, o venres ocorreu algo que non me esperaba e que, en certo modo, me inquietaba. Lucas viu, como todos os días despois do xantar, despois de que miña nai fora traballar. Non sei que opinará sobre as súas visitas, pero de momento nunca me dixo nada.

Escoitei pecharse a porta principal e sentín voces no recibidor. Pasados uns minutos, Lucas entrou no meu cuarto; semellaba nervioso, pensativo e moi, moi sobresaltado, nese momento foi cando me empecei a intranquilizar. Algo iba mal. Sentou na silla que había a miña esquerda con movementos rápidos e deume un sobre. Outro sobre sen remitente que iba dirixido a min, pero esta vez tamén a Lucas. ¡Que raro! Empeceime a preguntar de quen sería, pero non se me ocorría nada de nada. Collín o sobre, pero non fun capaz de abrilo. Temblábanme as mans. ¿Por que non había nada orixinal na miña vida? ¿Por que todo eran situacións repetidas e iguais?

-Ábreo ti -estaba nerviosa e iso non axudaba á hora de abrir un sobre-. Agarda un momento -miroume, interrogándome cos seus ollos verdes-, ¿quen cho deu?

-Nin idea. Ó chegar a casa encontreino dentro da miña mochila -en realidade non sei de quen será, pero de boas a primeiras prefire quedar no anonimato.

Abriu o sobre, estaba intranquilo, pero soubo controlarse. Vino cambiar de expresión tan rápido como unha andoriña de direción. Non sei en que estaría pensando pero pasou de nervioso e inquieto a aliviado e, pode, un pouco máis intranquilo. Pasoume a carta que contiña o sobre. No mesmo intre no que a tiven nas miñas mans vin a firma. Parecíame incrible. E, como Lucas, estaba aliviada pero á vez intranquila, pois era a sinatura de Alicia.

-Polo visto o do martes non era unha coincidencia.

-¿Xa a leches? -sabía que non, aínda que decidín preguntarllo de todas formas. Non sabía o que poría na carta, nin se era bo ou malo. Non sei por que pero intentei retrasalo o máximo posible.

-Non. Cando a encontrei vinme rapidamente. Estaba preocupado. E quería que a víramos xuntos, non sabía que facer -ben, xa eramos dous.

-A verdade é que... non creo que vaia saber que facer.

-Seguro que entro os dous saberemos -e sorriu debilmente, pero todo quedou ahí, nun amago dun radiante e alentador sorriso. Comecei a ler en voz alta:

Ainara e Lucas:
Necesito dicirvos que sei o motivo da túa ausencia, Ainara, non che vou pedir que me contes o ocorrido na madrugada de Aninovo; non quero que o revivas pola miña culpa.
Tiven que meterche o sobre na mochila, Lucas, para que ninguén puidera sospeitar. O último sería causarvos aínda máis problemas.
Para calquera cousa que necesitedes podedes contar comigo, como amiga, ou como o que queirades. E ante todo, podedes confiar en min. Non llo vou contar a ninguén sen o voso consentimento.
Espero que poidas volver pronto a clase, Ainara, sexa no estado que sexa, porque estaste perdendo a parte de literatura que máis che gusta: o Romanticismo.
Deica outra,
Alicia.

Quedámonos en silecio un bo rato. El non sei, pero eu quedeime sen palabras. ¿Por que de repente todo o mundo quería axudarme? Sen que fora consciente diso, fíxenme esta pregunta en voz alta, porque foi Lucas quen me respondeu.

-Porque eres unha das mellores persoas que hai no mundo. Para min, a outra é miña nai -riu no seu interior, pero no mesmo segundo púxose serio e miroume-. ¿Que vas facer agora?

-Ben, despois disto supoño que contarlle a verdade. Non sei como, pero fareino.

-Se queres, podo...

-Non, non é preciso -sabía que tiña que facelo eu, suguramente a Alicia non lle ocultaría nada. Incluso ela podería aconsellarme que facer e dicirme se debería contarllo todo a Lucas-. Escribireille unha carta e ti poderías darlla -repasei mentalmente como era unha das súas clases, buscando o momento máis oportuno para que el puidera darlle o sobre sen levantar sospeitas-. ¿Tedes que entregarlle algún traballo para a semana?

-Sí. ¿Lémbraste das frases que fixemos onte? Pois son para o próximo xoves.

-Ben. Entón teño tempo para ordenar as ideas -e buscar a mellor maneira para dicirllo todo, supoño que podo confiar nela. Xa sei que tamén en Lucas, pero creo que non está preparado para saber toda a verdade. Cando a sepa non volverá a ser o mesmo e agora, tan só necesito que se comporte con total normalidade-. ¿Poderías entregarlla co teu traballo?

-Sí claro -puxémonos a facer os deberes, pero Lucas non estaba concentrado. Algo lle preocupaba. Cando o mirei aos ollos, evitoume. Parecía que intentaba ocultarme algo pero non o conseguiu. Deuse conta de que non me iba a enganar e de que non o iba a deixar correr. Suspirou, miroume e volveu suspirar. Coa mirada insteino a que mo contara-. É Jose -agora foi cando me arrepentín de preguntar-. Leva un tempo comportándose dunha maneira moi rara. Non sei. Ao mellor estoumo imaxinando.

-¿Como de rara? -pregunteillo sen pensar. Sorprendeuse pola miña pregunta, pero finxín unha falsa preocupación. Dándolle a entender que quería que mo contara.

-Non sei como describila. Sei que algo cambiou porque está máis distante e xa non ven a miña casa tanto coma antes. Parece arrepentido de algo. Onte pregunteille que lle ocorría pero non me dixo nada, incluso me ignorou.

-Sinceramente non sei que dicirche, non o coñezo ben. Pero ao mellor non é nada importante, quizás teña algún problema na casa.

-Non sei, non sei -parecía aturdido, incluso derrotado, debía de importarlle moito. Pero eu non podía dicirlle nada para consolalo, non sería obxectiva. Jose tiña motivos suficientes para sentirse culpable-. ¿Que cres que debo facer?

-Últimamente non sei nin que debo facer eu misma, pero ben. Quizás deberías deixarlle un pouco de espacio e non agobialo. Espera a que estexa preparado para contarcho -cando chegue ese momento, haberá problemas. Non quero causarlle ningún, pero tampouco que perda ao seu mellor amigo por min.

-Quizás teñas razón -oxalá. A iso das seis e media foise.

Entre o fin de semana e o luns aproveitarei para escribirlle a carta a Alicia, xa que son os días nos que Lucas non ven. Do que si teño medo, é desa carta, ¿e se por algunha circunstancia da vida, Lucas decide lela antes de darlla a Alicia? Descubrirá o motivo de moitas cousas e o peor de todo é que non sei como vai reaccionar.

É posible que sexa mellor que o sepa pola carta, así saberá tamén, porque non quixen contarllo. A verdade é que creo que non serei quen de dicirlle nada e se o descubre por si mesmo, non saberei reaccionar. Uf, isto cada vez ponse máis de telenovela hispanoamericana. ¿E se tampouco llo digo todo a Alicia? ¿A quen lle podo pedir axuda? Necesito consellos ou simplemente que alguén me diga o que teño que facer. ¿Pero quen? Falarei con miña nai. Ben, teño tempo ata o martes que volve Lucas.

A noite non foi mellor que as de toda a semana. O mesma pesadelo do un de xaneiro. Unha e outra vez. Non me acostumei aínda a elas, pero xa non me afectan tanto.

CONTINUARÁ

                             
¿Descubrirá Lucas a verdade que Ainara trata de ocultarlle? Se a descubre, ¿como reaccionará? ¿QUE PASARÁ? Máis no próximo capítulo de Cuarto 136.

A lei do aborto

A nova lei do aborto que entrou en vigor o 5 de Xullo do presente ano foi motivo de numerosas manifestacións na súa contra. Imos repasar un pouco os antecedentes desta lei e reflexionar sobre ela.

En 1985 estableceuse xa unha lei sobre o aborto que contemplaba a posibilidade de abortar en tres casos. Na actualidade foi substituida pola tan polémica “Lei de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo”.

Cando en 1985 entrou en vigor unha lei que permitía o aborto, supuxo un gran avance xa que ata ese momento o aborto en España sempre fora ilegal.

Pois ben, esta lei contemplaba a posibilidade de interromper o embarazo sempre que: supuxese un perigo para a vida ou saúde física ou psíquica da embarazada, en caso de violación e no suposto de que o feto tivese graves problemas físicos ou psíquicos.

As diferenzas que esta lei posúe coa súa sucesora son as seguintes: actualmente establécese o aborto libre ata a semana 14 de xestación e ata a 22 no caso de risco da vida ou a saúde da muller, ou de graves anomalías no feto; sitúa nos 16 anos a maioría de idade para decidir sobre a interrupción do embarazo, aínda que sinala que polo menos un dos pais ou titores legais das rapazas de 16 e 17 anos deberá ser informado da súa decisión de abortar, agás cando este feito lle produza un conflito grave con risco de ameazas, coaccións ou malos tratos, en cuio caso a decisión dependerá do médico, e a menor deberá ir acompañada polo menos dun dos seus representantes legais.

Despois de ter aclarado todo isto temos que salientar varias cousas. O goberno tivo que enfrontarse a varias manifestacións na contra da implantación desta lei e a pregunta é, quen son os que se opoñen a ela?? Nos tempos nos que corren todos deberiamos sabelo xa pero, por se hai alguén que aínda non o saiba, voullo a dicir: os grupos máis conservadores e, por suposto, a igrexa Católica.

Estes grupos alegan o dereito á vida dese “neno” que ven en camiño, e eu, que son así de preguntona, digo: E os dereitos das mulleres??, o dereito desa muller embarazada de decidir o que quere facer???, non ten ela dereito a opinar???
Pois miren vostedes, esa muller ten uns dereitos, ten o dereito de decidir o que quere, ela é a que ten que pensar se quere ou non ter ese neno. Esa muller xa está neste mundo mentres que ese neno ainda non o está.
Por outra banda, a Igrexa Católica califica de asasinato o aborto, fálanos de que interromper un embarazo é un crime. Pois ben, eu dígolle á Igrexa, pregúntolle quen se cren eles para falarnos a nós de moral e ética?? Eles son os que mataban xente inocente coa Santa Inquisición, o Papa é o que vive cómodamente no Vaticano mentres centos de nenos morren de fame no mundo, centos de curas son acusados de pederastia,… e eles son os que intentan falarnos de moral e ética a nós??? Non me fagan rir!!!!
Por outra banda, que a lei do aborto entre vigor non significa que as mulleres estemos obrigadas a abortar, nin moito menos. Significa que se nos abre a posibilidade de facelo, de evitar embarazos non desexados, de poder decidir se queremos ou non ser nais nese momento pero, en ningún momento se nos vai obrigar a facelo e, polo tanto, non entendo esa necesidade de manifestarse e tentar evitar que esta lei vexa a luz. Non serán os que se opoñen os que pretenden obrigarnos a actuar do xeito que eles queren?? Non son eles os que intentan quitarnos esa posibilidade de decidir??
Para rematar, estou de acordo coa Organización Médico Colegial cando sinala que a posibilidade que se lles brinda de abortar ás menores que alegan violencia familiar, implica que, respaldándose nisto poidan abortar sen informar a seus pais sempre que conten coa autorización dun médico e, seguramente, máis dunha alegará isto para non ter que contarllo ós seus progenitores. E todo isto sen mencionar o feito de que estas rapazas sexan consideradas menores para votar pero non para interromper un embarazo o cal me parece unha hipocresía.

Persoalemente, a lei paréceme moi acertada, estou a favor de que as mulleres sexamos libres de decidir se queremos ou non continuar cun embarazo, sen embargo, atopo un erro o feito de permitir un aborto a unha menor de idade sen consentimento de seus pais.

sábado, 4 de septiembre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 3


Martes, 17 de Xaneiro

A mañán do martes paseina igual que a do luns. O médico viume ver, non me dixo nada novo. Xa acabei de comer e Lisa levou a bandexa, aínda que non sei se se lle pode chamar comida, a de miña nai está moito mellor. Iba a coller o libro, para seguir lendo, cando soou o teléfono. Collino pensando que podería ser miña nai ou algún familiar, ou incluso alguén que se equivocara de número. Cando me acerquei o teléfono á orella, escoitei:
-Síntoo moitísimo -era... Jose. Quedeime de pedra. A última persoa á que querería escoitar era, sen lugar a dudas, el. Todo sucedeu moi rápido. Lisa entrou. Díxome que Lucas estaba chegando. Dous ou catro segundos máis tarde, entrou Lucas. Viume co teléfono na man. Colguei inmediatamente.
Lisa foise e Lucas sentou no mesmo taburete. Debía ter mala cara porque me dixo:
-¿Estás ben? ¿Ocorreu algo? -non podo dicirlle nada referente a Jose, por agora.
-Tranquilo, todo está ben -era mellor cambiar de tema- ¿Que tal no instituto?
-De momento todo igual que sempre.
-Nadie fixo preguntas nin nada polo estilo, ¿verdade? -estaba completamente segura de que así era.
-Non -parecía extrañado, pero eu non-. Pero...
-¿Que? -estábame preocupando.
-A mestra de Literatura, mentras explicaba sintaxe, deume a entender que sabía algo do ocorrido.
-Pero, ¿como? -preguntábamo máis a min que a el, pero foi Lucas quen respondeu, aínda que a miña resposta era a mesma.
-Non sei -semellaba incómodo-. ¿Xa comezaches o libro?
-Si -non sabía que dicir. ¿Ainara donde está a túa educación?-, moitas grazas polo libro. Non tiñas por que mercarme nada. ¿Por que elixiches ese?
-Pois a verdade... Foi Alicia, a de literatura. Levouno á clase, leunos un fragmento e gustoume. Rèmi é un personaxe con moitas preocupacións e problemas, pero ao final todo lle sae ben -miroume, outra vez, desa maneira tan especial que non fun capaz de miralo, outra vez-. Da mesma forma que todo isto solucionarase e acabará ben.
-Seino, pero teño medo -moito medo-. Non sei que facer, nin que vai suceder. Non o sei -aquela situación de permanente espera estábame empezando a angustiar.
-Ei -levantoume a cara coa súa man suave-, tranquila. Todo vai salir ben -realmente parecía convencido diso-, e... eu axudareiche. Podes contar comigo para o que sexa.
Quedámonos en silencio uns minutos. Cada un buceando nos seus propios pensamentos. Sen saber ben que decir. Tal como a min me gustaba, foi el quen tomou a iniciativa.
-¿Gústache o libro?
-Si, moito. ¿Léchelo?
-Cando Alicia o trouxo, collino na biblioteca e agora estouno lendo.
-Nadie o crería -a calquera lle parecería moi extraño: Lucas lendo un libro-. Pero segundo vou descubrindo, todos temos dobre personalidade -sorrín, da mellor forma que puiden pero, a pesar de todo, sentoume ben rirme un pouco.
Pasámonos a seguinte hora falando, ou ben sobre o libro, ou o instituto, ou ben sobre o pasado. Facíaseme moi raro estar falando con el da miña vida. Non mo podía crer, pero tampouco fixen nada para alterar ese momento con tonterías. Xa era tarde, e Lucas tiña que marchar.
-Ben, vémonos mañán -díxomo con ese sorriso esperanzador, pero sempre me crin moi suspicaz, e atisbei un rastro de tristeza-. Dille a túa nai que mañá che traia algúns libros, así se queres, podémonos ir pondo ao día -fixeime ao plural, parecía que tamén iba un pouco atrasado e que necesitaba axuda. Encantábame a idea-. Deica mañá.
-Dacordo, ata mañá e... grazas.
-Non hai por que dalas -e foise.
O resto da tarde pasou sen ningún tipo de preocupación, tampouco me preocupei pola chamada de Jose. Non me apetecía torturarme, aínda que non fora unha cousa para deixar pasar.

CONTINUARÁ

miércoles, 1 de septiembre de 2010

O maravilloso "Plan Bolonia"

O Plan Bolonia, ese que nos quixeron vender como a solución para todos os problemas da educación universitaria española, ese contra o que non serviron de nada manifestacións e protestas múltiples, ese maravillosisisímo plan é unha estafa.
Os grandiosos políticos deste país amosáronse a favor deste plan milagro que disque nos elevaría ó nivel do resto dos países de Europa, sería, por así dicilo, unha especie de panacea, milagroso.

Pois ben, teño que dicir que isto non é así, e non o é por varios motivos que vou expoñer a continuación.

Por unha banda atopámonos con que a asistencia a clase é obligatoria o cal é maravilloso. Si, paréceme moi oportuno que ós universitarios se nos trate coma se tivesemos 10 anos e aínda estivesemos na Educación Primaria. Pero pensémolo ben, vostedes cren que por que se nos obrigue a asistir a clase xa imos ser máis brillantes que o resto de estudantes de Europa??? Eu difiro desta opinión.

Por outra banda, o maravilloso Plan Bolonia eleva os traballos en grupo á calidade de milagros ou algo polo estilo. Para todas as asignaturas ha de haber traballos grupais, traballos que, como é común, sempre son realizados por dous ou tres membros do grupo mentres o resto rañan na barriga. Obviamente, cando chega a hora de calificar estes traballos, eses parasitos recibirán a mesma calificación da xente que si traballou. E eu pregúntome, isto é bo, axuda a elevar o noso nivel de coñecementos???? Permítanme que difira tamén neste punto.
Pois ben, continuemos con outro exemplo. Os alumnos pioneiros en estrear o Plan Bolonia atopámonos con que nin sequera os profesores saben como funciona realmente, non teñen idea de que traballos poñernos e rematamos por facer cousas totalmente absurdas. Pero iso si, todo isto está ben feito porque o maravilloso plan panacea fará que sexamos xenios. Estes son só uns ejemplos de todas as tolerías que conforman o milagreiro plan. Non me fagan rir por Deus!!!

Para rematar, eu son da opinión de que para elevar o nivel dos estudantes españois, para que poidamos competir co resto de Europa, a solución sería, quizais, unha mellor formación dos profesores. Que os mestres saiban como achegar os coñecementos ós alumnos, que non os machaquen tentando que aprendan unha gran cantidade de cousas para que logo as esquezan. Señores, o que importa na aprendizaxe é a calidade e non a cantidade.