martes, 7 de diciembre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 9


8 ANOS ANTES

Vou chegar tarde a casa. Miña nai non me vai deixar ler esta noite. Co que me gusta ler na cama, cando toda a casa está en silencio.
-Veña, Deni. Andemos máis rápido. Ó chegar a casa vouche encher o cacharriño ata arriba de auga.
Por suposto, o meu canciño de labrador non me respondeu, pero apresurou o paso ao ver que eu o facía. Ós mércores tocábame a min sacar a Deni. Aínda que sempre me entreteño e chego tarde á cea. Acostumo ir ata o parque que hai preto da miña casa, así tamén podo xogar un pouco.
De súpeto, Deni detívose. Mirei cara adiante e vi un neno. Iba na miña clase, chamábase Miguel e era moi alto para os seus dez anos. Téñoo visto moitas veces con Jorge, o meu veciño, pero nunca me caiu demasiado ben. Non sei por qué, ben, si sei por que, pero é unha razón que casi ninguén entendería ou percibiría. Se te fixas moito nos seus ollos pódese ver que non brillan, como os dos demáis nenos da nosa idade. Ten unha mirada ocura, que asusta e parece esconder un corazón cheo de maldade.
-Pero mira a quen temos aquí. Se é Ainara e o seu canciño, ¿así que teus pais xa che deixan sair soa a pasear ó teu can?
Non me gustaba nada ese ton, ¿que quererá? Inmediatamente sacou un pao de detrás da espalda. Para a miña mala sorte, Deni comezou a menear o rabo. Encantáballe xogar con paos. Miguel fixo un ademán de tirar o pao e o pequeno labrador, deu un tirón
-¡Non! ¡Deni, ven aquí! -non sabía o que Miguel pretendía, pero seguro que nada bo.
Non sei como o fixo, pero a unha incrible velocidade deulle co pao a Deni. Oín o seu xemido. Doeume tanto a min como ao meu can. Queríao con loucura, e ademais fora un regalo de miña tía Elena.
-¡Para, Miguel, por favor! ¡Non lle pegues! -volveu alzar o brazo outra vez, pero Deni non recibiu o segundo golpe xa que outro neno tirouse sobre Miguel e os dous caeron ao chan. Rapidamente fun cara Deni. Menos mal que estaba ben.
Vin como Miguel botaba a correr. Jorge acercouse a Deni e acariciouno. Estaba sorrindo, como se o que acabara de ocorrer fora o máis normal do mundo. A min non mo parecía. Aínda estaba un pouco asustada.
-¿Estades ben?
-¡Sí! Isto... gracias. ¿Que lle dixeches para que se fora así como así?
-Nada. Só a verdade. Que meu pai sabe que o seu ten asuntos turbios entre mans e que se non se iba íballe dicir a meu pai que me molestara e que iba a facerlle unha visita ao taller do seu pai.
O pai de Jorge era policía e o de Miguel, un mecánico de pouca monta que obtiña pezas para os seus coches de maneira ilegal. Algo lle oira dicir a miña tía Elena ao respecto. Que a policía non tiña probas irrefutablese que non podían inspecionar o taller sen unha orde de rexistro do xuiz. Algún día que a vexa preguntareille que significa todo iso. Jorge ergueuse e tendeume a man.
-Veña, que te acompaño a túa casa. Non sei se sabes que vivo enfrente de ti.
-Sí, seino. Vinte xogar con teu irmán na beirarrúa.
-Ah, ben -estivo calado un bo rato. Xa estábamos chegando ás nosas casas. Detívose e miroume moi serio-. Non te preocupes por Miguel, xa non volverá a molestarte. Non mentres eu ande preto. E sempre vou a estar. ¡Iso prométocho Ainara!
E marchou correndo. Entrei na casa, pensando aínda no que pasara. Non lle contei nada ós meus pais e como Deni estaba ben, tampouco preguntaron nada. Cando me deitei, tardei moito en durmirme. Aquel sorriso e aquela promesa quedáranme grabadas na mente.
Ó día seguiente, Jorge preguntoume que tal estaba Deni. Despois diso foi como se desaparecera. Se me vía, saudábame, pero nada máis. Cheguei incluso a dudar de que cumprira a súa promesa. Sen embargo, sempre sentín que estaba segura e que nunca me iba a pasar nada. Jorge era como o meu anxo da garda. Ademais, a partir dese mércores, deixei de ver a Miguel entre os amigos de Jorge e uns meses despois, oiuse que el e seu pai marcharan da cidade.

                                          
¿Cumplirá Jorge a  súa promesa? ¿Que papel desempeña Jorge nesta historia? 
Saberemos máis no próximo capítulo de Cuarto 136

No hay comentarios:

Publicar un comentario