lunes, 25 de octubre de 2010

O machismo na sociedade actual

A cuestión do xénero está moi presente na actualidade debido á gran concienciación da sociedade do necesario que é chegar a unha igualdade e, obviamente, á gran información que temos hoxe en día, e que nos fai poder ter unha perspectiva sobre este asunto. Sen ir máis lonxe, hai cincuenta anos e, en medio da ditadura franquista de entón, era imposible ter este grao de información e de liberdade.

Falar de xénero non é falar unicamente dunha distinción de sexo, vai máis alá. Temos que pensar no importante que é á hora da elección do noso traballo. Cando unha nena lle di a seus pais que quere ser camioneira, albanel ou calquera cousa polo estilo, é a súa propia familia a que tenta sacarlle a idea da cabeza, ben porque non lle pareza adecuado, ben porque o consideren un traballo moi duro para unha muller,… e isto todo está relacionado co xénero e cos prexuízos que hai arredor del. Non temos máis que pensar que, se fose un neno o que expresase isto, os pais non porían o grito no ceo.

Por outra banda, tamén podemos reflexionar sobre o caso dos toureiros, non hai moito, unha muller deixou este mundo polos continuos problemas que tiña cos seus compañeiros baróns. Trátase da chamada Cristina Sánchez. E tamén hai casos de toureiros que se negaban a tourear nunha praza onde o fixese unha muller.

Por outra banda, non podemos esquecer falar dos xoguetes. Cando un pai pensa nun regalo para a súa filla véñenselle á cabeza as bonecas, as cociñiñas,… polo que se ten aínda a concepción de que a muller é a que coida ós nenos, a que se ocupa das tarefas do fogar,… Cando se pensa sobre o regalo do neno, fálase sobre coches, grúas,… Aquí se ve a gran diferenza, e isto sen mencionar que os xoguetes das nenas, tratándose da mesma cousa, como por exemplo unha bicicleta, son mais inofensivos e sinxelos mentres que os dos nenos son máis brutos.

Tampouco podemos esquecernos ó tratar a cuestión do xénero da chamada violencia machista ou de xénero. Na actualidade as mulleres vítimas desta violencia están máis protexidas e teñen a posibilidade de denunciar ás súas parellas. Ademais, contan co teléfono de axuda e denuncia 016.

Sobre esta cuestión, teño que dicir que estou de acordo en que a violencia de xénero se da só de homes cara mulleres posto que esta denominación supón un agravante á hora de xulgar ó acusado.

Non hai máis que ver a cantidade de denuncias e mortes de mulleres que hai ó longo do ano no noso país para darse conta do machismo que existe na nosa sociedade. E, adiantándome ás réplicas daqueles que non opinen coma min, teño que dicir que aínda que hai homes maltratados polas súas parellas, as denuncias non son comparables coas das mulleres e as mortes, non teño datos de que se dean.

Por outra banda, é certo de que sentirán vergoña de denunciar pero, tamén é certo, que ata que se comezou a apoiar ás mulleres con este tema, a fomentar con campañas de publicidade e con moitas outras cousas as súas denuncias, non se comezou a falar desta violencia entorno ó sexo oposto. Chega a resultar un pouco paradóxico, non? Hipócrita, diría eu, xa que cando eran eles os que podían maltratar e facer coas súas mulleres o que lles daba a gana porque, “eran súas”, non protestaban nin afirmaban seren eles maltratados tamén.

Nesta liña, podemos sinalar a película protagonizada por Amaia Salamanca “No estás sola, Sara”. Nela encarna o papel dunha rapaza maltratada polo seu mozo ó que finalmente deixa e logra denunciar aínda que a ameaza de morte. É un exemplo de cómo se pode saír dunha situación así, un exemplo de ánimo para as mulleres que sofren a violencia machista.

Por outra banda, os anuncios sexistas están á orde do día. Todos chegamos a ver a tan polémica campaña de Dolcce y Gabanna ou algúns dos anuncios de AXE. Neles a muller sempre aparece como un obxecto. Pero o anuncio de coches de segunda man de BMW tampouco queda atrás. Nel aparece a frase: “Sabes que non es o primeiro” xunto coa foto dunha muller rubia moi guapa. En que posición se nos sitúa ás mulleres? E, o máis importante, como pode haber mulleres que se presten a facer iso?

Pero anuncios tan inofensivos, aparentemente, como os do ambientador Airwick, non o son tanto. Neles aparecen como protagonistas, case sempre, atentas nais que se ocupan das labores da casa e de coidar ós fillos. Mentres, os seus homes traballan ou adícanse a tarefas creativas como compoñer partituras musicais.

Para rematar, só dicir que deberiamos darnos conta de que as diferenzas entre homes e mulleres, entre nenos e nenas están máis presentes do que se pensa aínda que, ás veces, temos tan asimilados certos prexuízos como poden ser o dos xoguetes,… que non nos damos conta. Na miña opinión, para rematar co machismo e con todas as diferenzas que teñan que ver co xénero, debemos educar ás futuras xeracións tratando do mesmo xeito a nenos e nenas e non establecendo diferenzas. Neno e nena teñen a mesma capacidade para poñer a mesa, para traballar dunha cousa ou doutra,… as diferenzas están presentes, unicamente, na nosa mente.

Penso que non é necesario dicir que certas maneiras de falar tamén potencian a desigualdade. Conceptos como que unha muller é unha “zorra” por manter relacións con varios homes e o home, pola contra, é un “machote” ó estar con varias mulleres, están fóra de século. Creo que son pensamentos medievais así como os de que algo aburrido é un “coñazo” e, algo divertido é “cojonudo”.

O camiño cara a igualdade aínda está case sen comezar a percorrer, é moito o que queda por facer pero, se todos pomos da nosa parte, ensinando e educando ben ós nosos nenos, denunciando todas as condutas ofensivas,… chegaremos a conseguir unha sociedade sen prexuízos e sen discriminacións por razón de xénero nun futuro.

domingo, 17 de octubre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 7

Venres, 10 de febreiro
O luns foi o único día que faltei ao instituto. O martes, mércores e xoves fun e estoume dando conta de que todo o que fixen na clase para axudar a Ainara converteuse nun costume: tomar apuntes, subliñar nos libros, facer e corrixir os deberes. Nestas semanas tiven varios exames, aprobei máis que en toda a primeira avaliación, incluso recuperei as que me quedaran na primeira. Tampouco fun a ver a Ainara. Non estaba enfadado con ela por ocultarme a verdade, sei que o fixo con boa intención.

O próximo martes é san Valentín. No instituto, todo o mundo está revolucionado, desde os cativos da ESO, ata os do Bacharelato, preparando adornos e un buzón para cartas. A mín nunca me pareceu un día tan importante. Se queres a alguén de verdade, demóstrase cada día, non unha vez ao ano. Aínda que, claramente isto nunca llo comentei aos meus amigos.

Entrei na clase. Alicia aínda non chegara pero o resto dos meus compañeiros xa estaban todos, agás Jose. Sentei agardando a que rematara xa o día para marchar para a casa e comezar un largo fin de semana. Esta é a terceira clase de lingua española esta semana e xa fai dúas que non visito a Ainara. Estiven pensando en ir a súa casa, pero non son quen de facelo.

Despois de cincuenta minutos soa o timbre. Son o último en recoller e dirixinme á porta para saír.

-Lucas, ¿falaches con Ainara últimamente?

-Non, aínda non -acerqueime a Alicia despois de pechar a porta, adiviñando que o que íbamos a falar non lle incumbía a ninguén máis.

-Sei que non son ninguén para entrometerme entre vos...

-¿Nos? Non hai un nosoutros. Só a estou axudando.

-Sí claro, de momento -díxoo baixo pero o suficiente para que o escoitara e que se me grabara na cabeza-. Pero creo que deberías ir a vela.

-¿E cres que non o sei? -todos estes días estiven furioso comigo mesmo por non ser capaz de facelo. Non sei con que cara mirala- Estiven pensando moito estes días. Eu sei que ela non ten a culpa, pero no fondo estoulla botando continuamente por cambiar tanto a miña vida. E ódiome por iso.

-E en lugar de agradecerllo, cúlpala -co montón de suspenso que tivera este curso, nunca me enfadara cun mestre, pero nese momento ver que Alicia adiviñaba todo o que pasaba pola miña mente, desquiciábame.

-Seino, pero é o que sinto.

-Está ben, pero deberías facer un esforzo e ir visitala, tampouco vai ser fácil para ela. Si o fora, ela mesma che contaría todo e non che ensinaría eu a carta. E despois do que pasou, agradecerache a compañía.

-Non sei, supoño. Ben, que eu lera a carta non ten por que afectarlle tanto -creo que se me escapa algo xa que tal e como fala Alicia parece que sucedera algo terrible.

-Lucas, ¿non sabes o que ocorreu o venres realmente? -neguei. Estábame asustando. Cando me jun Ainara estaba perfectamente. Se pola miña culpa lle pasase algo, non mo perdoaría- Pois... despois de que te foras, Ainara saiu detrás túa e debeu marearse ou algo así e caiu polas escaleiras.

-¿E está ben? -durante toda a mañá do venres tivera un mal presentimento e sentín ben.

-Está relativamente ben. Con todo, esa caída aforroulle o ter que elixir se ter ou non o bebé. Provocoulle o aborto -caíseme a alma ós pés. Non sei se iso era bo ou malo pero agora estaba totalmente seguro de que tiña que ir visitar a Ainara.

-Non debín reaccionar así, tiña que quedar e falar con ela, en vez de saír correndo.

-Lucas, agora non te tortures. Non vale a pena. Non foi culpa túa e, ademáis, Ainara, e sábelo moi ben creo eu, non che botará nada á cara. En todo isto non hai culpables, só vítimas e o único que pode sentirse culpable é Jose -calmeime bastante, nunca crin que falar con alguén solucionara tanto as cousas-. Vai visitala e falade tranquilamente. As cousas non poden ir a peor -parecía tan convencda diso que ata eu mo crín.

-Si, tes razón. Creo que irei o martes, así este fin de semana podo buscar algo que levarlle.

-¡Elixe ben! Xa que o día ben o merece. Veña, vaite. Ata o luns.

-Adeus.

O instituto xa estaba totalmente baleiro, só quedaban algúns profesores e o bedel e xa estaban comezando a traballar as señoras da limpeza. Encántame o instituto así. Todo tranquilidade. Cando estou cos meus compañeiros sentíame obrigado a comportarme dunha maneira moi diferente a como son en realidade. Ao principio non me custaba nada, era moi fácil finxir. Sen embargo agora, ó estar tanto tempo con Ainara, vendo como confía tanto en min, cústame moito ocultar todo isto ós demáis xa que ela saca o mellor de min e coñece ó verdadeiro Lucas. De feito cando un mestre pasaba lista e a nombraba, tiña que aguantar e calar. Con todo, parecíame moi raro que ninguén se preocupara por ela. Pasa cando alguén é demasiado tímido, pois a timidez oculta todo, tanto o bo como o malo.

Esta tarde e mañán aproveitarei para mercarlle algo a Ainara, a ver se acerto, como cando lle comprei o libro de Hector Malot, ata a min me gustou. Recomendareillo a Jose para que aprenda a superar as malas rachas con axuda de outras persoas, e non coa da bebida.
 
CONTINUARÁ

sábado, 9 de octubre de 2010

A beleza na sociedade actual

Todos sabemos que na actualidade o estereotipo de beleza seguido e alabado por toda a sociedade é unha delgadeza extrema, tan extrema que, ás veces, chega a desembocar en graves enfermidades.

O modelo estrela de beleza en cada momento da historia foi moi diferente para as mulleres ainda que o dos homes a penas variou. Se vemos unha escultura da antiga Grecia, observaremos que o modelo de home atlético da época non difire case nada, ou nada, do estereotipo actual.

Sen embargo, para as mulleres isto é moi diferente. Se observamos a venus de Willendorf atoparémonos cunha muller con peitos e cadeiras enormes, algo que na actualidade sería impensable. Esta venus sería unha especie de amuleto de fertilidade.

Por outra banda, sen ir máis lonxe, “As tres gracias” de Rubbens tamén eran mulleres que na actualidade se tachan de obesas. Todo isto amosa como os estereotipos cambiaron e, na miña opionión, non melloraron.

É ben sabido que os modelos de beleza ían cambiando dependendo do momento, isto é, en épocas de abundancia a liña seguida era a da delgadeza mentras que, pola contra, en momentos de crise era ben visto un modelo de muller con curvas. Dalgún xeito, así tamén se marcaba cales eran as persoas que tiñan o poder.

Na actualidade milleiros de adolescentes sofren enfermidades como consecuencia da súa obsesión por entrar dentro do estereotipo de beleza e tratar de parecerse a modelos que desfilan nas pasarelas e que dan unha imaxe nada saudable.

A anorexia e a bulimia son dúas enfermidades padecidas por rapazas, na súa maioría, e, cada vez máis, hai nenas que as están a padecer. Un informe sobre a poboación adolescente española descobre que case a metade das rapazas , un 46% , vense gordas e intentan por diversos medios perder peso. Isto será para moitas o comezo do camiño que leva a anorexia.

Tamén sabemos que moitas mulleres famosas pola súa beleza ou elegancia eran anoréxicas, como a emperatriz Sisi ou a duquesa de Windsor, que dicía que nunca un é demasiado rico nin demasiado delgado.

A anorexia caracterízase pola restricción da inxesta de alimentos o cal produce unha gran perda de peso. Sen embargo, as rapazas que padecen esta enfermidade vense gordas e ó pedirlle que elixan cal é a súa silueta de entre varias, elixen aquel amáis gorda. Elas realmente vense así, distorsionan a realidade. Pero isto non é todo. É impresionante como para estas rapazas a extrema delgadeza é algo desexado, algo que admiran e que lles parece a perfección.

Por outra banda, a bulimia é outra enfermidade de carácter psicológico así como a anorexia. As persoas que padecen bulimia teñen unha baixa autoestima, séntense culpables por comer demasiado, adoitan provocarse vómitos,… e como consecuencia presentan oscilacións bruscas do peso corporal. Todo isto sen nomear que ó provocarse vómitos están pouco a pouco abrasando o esófago.

Pois ben, cal é a miña intención con este artigo?? Que pretendo dicir??? É ben sinxelo. Este problema, estas enfermidades que estamos a provocar nas adolescentes é un problema social. Paréceme moi hipócrita que todos votemos as mans á cabeza cando observamos a rapazas con desaxustes deste tipo pero, sen embargo, ninguén pon medios para evitalo.

Nas pasarelas aparecen modelos que claramente deben ter problemas de alimentación, as tallas que están desfilando oscilan entre a 34 e a 38 (e estou sendo demasiado xenerosa) cando a realidade é que as mulleres de a pé non utilizan esas tallas.

Todos os intentos por tentar evitar que desfilen rapazas con esas características, na miña opinión, foron fallidos porque as modelos seguen estando demasiado fracas. Imos ver un exemplo que demostra a loucura da sociedade actual:

Na semana da moda feminina de Milán exclúese á diseñadora Elena Miró do desfile xa que se adica a vestir a mulleres a partires da talla 44. Que vos parece?? Eu penso que é normal que a exclúan, non?? Unha muller coa talla 44 é unha obesa, obviamente. Claro que si!!!! Pero unha modelo do talle 34 está perfectísima, non???

Que hipócritas estamos sendo!!! Iso é o que estamos a facer para evitar as enfermedades alimenticias dos nosos fillos?? Porque, por se non o sabedes, a talla máis usada en Italia e en toda Europa é a 44 e non a 38, asíque sería máis normal que as modelos usasen esa talla non?? Pois ó parecer, o presidente da Cámara italiana da moda que organiza os desfiles non opina o mesmo e, polo tanto, decide excluir a esta diseñadora de “tallas grandes”. Que gran idea!!! Deste xeito seguro que conseguimos que o 100% das adolescentes rematen padecendo anorexia, bulimia ou algún trastorno alimentario polo estilo.

Para rematar, dado que estas enfermidades se tratan dunha doenza en gran parte social, deberían incrementarse as campañas publicitarias que contrarrestasen a nefasta influenza do modelo de beleza da talla 36, aínda que, o máis correcto sería evitar que esa fose a talla que desfile.

Quérete tal é como es e non desexes ser unha desas bonecas irreais que aparecen nas revistas.

sábado, 2 de octubre de 2010

Cuarto 136

E aquí outro capítulo de Cuarto 136. Neste coñeceremos máis a unha personaxe importante.  Xa pasou bastante tempo desde que Lucas soubo o quen lle fixo dano a Ainara. ¿Como o estará levando?

CAPÍTULO 6

Luns, 6 de febreiro
Estaba chovendo, e no camiño cara as canchas encontreime con moitos dos meus compañeiros. Nin se extrañaban ao ver que un luns pola mañá non me dirixía ao instituto. As canchas estaban xunto ao parque de xogos infantís á beira do río. Había unhas gradas metálicas nas que vin a alguén sentado cun balón de baloncesto. Era Jose.

Sentín un volcán rebentando no meu peito, toda a angustia encerrada converteuse en ira. Unha ira que iba a dirixir cara o meu mellor amigo, por incrible que parecese. Ata eu mesmo me estaba asustando do que sentía. Levaba toda a semana anterior buscándoo para axustar contas con el, pero non viu á clase. O fin de semana pasado estiven vendo unhas fotos, lembrei que cando eramos pequenos viñemos a esta cancha a xogar ao baloncesto. Anos máis tarde, viñamos para descargar enerxía se nos cabreáramos. Era o sitio ideal. Acelerei o paso e dirixinme cara el.

Un segundo antes de pegarlle vin no seu rostro sorpresa misturada con incomprensión. Naquel momento as súas explicacións parecíanme banais, así que non lle din nin tempo para iso. Aquel primer golpe foi unha liberación. Toda a tensión, o estrés e a preocupación acumuladas descargáronse no primeiro puñetazo que lle din a Jose en toda a nosa amizade. Aquilo doíame máis a min que a el, nunca pensei que o faría algún día. Despois senteime nas gradas e quedamos os dous alí, baixo a chuvia. Eu, case arrepentido e el, case inconsciente.

Sabía que tiña que comezar a falar el, pero fíxeno eu.

-¿Por que non me contas o que ocorreu o sábado? -pensei que seguiría como durmido pero de repente sentín a ira e a dor que emanaba del. Incluso me asustei.
-¿A ti que máis che ten? ¿Por que reaccionas así, como si che afectara? ¿E quen te cres que es para intentar xulgarme? -estábame volvendo a enfadar, ¿desde cando Jose se volvera tan imbécil?
-¡Pois si que me ten!, desde o mesmo momento en que implicaches na túa loucura a Ainara. E, críame o teu mellor amigo igual que ti eras o meu -quedóuseme mirando como tentando averiguar algo sen preguntar, funcionoulle:
-Así que Ainara é a rapaza da que me falaches fai tempo -non mo preguntaba, afirmábao.
-Iso a ti non che incumbe. E non vin aquí para falarche de Ainara. Soamente preciso saber que ocorreu o sábado. ¿Por que bebeches tanto?
-Mira, déixame en paz, xa teño bastantes problemas como para aguanta agora as túas preguntiñas de neno mimado -agora si que non o soportei máis. Levanteime furioso e planteime diante del.
-¡Eu, neno mimado! Eu non vou por ahí emborrachándome e violando á primeira rapaza que encontre. E que eu sepa non fuches a vela ó hospital nin á súa casa e xa fai máis dun mes de todo o sucedido -non sei se me estaba facendo caso ou non, parecía estar noutra parte-. Supoño que asumirás as consecuencias e faraste cargo dese bebé -esta vez miroume sorprendido.
-¿Está embarazada?

Iso si que era a gota que colma o vaso. Dinlle outro puñetazo, estaba realmente cabreado con aquela nova versión de Jose. Con todo, esta vez defendeuse.
 
CONTINUARÁ
                                        
Pasou moito tempo, que é de Ainara?  Saberase a próxima semana.