sábado, 9 de octubre de 2010

A beleza na sociedade actual

Todos sabemos que na actualidade o estereotipo de beleza seguido e alabado por toda a sociedade é unha delgadeza extrema, tan extrema que, ás veces, chega a desembocar en graves enfermidades.

O modelo estrela de beleza en cada momento da historia foi moi diferente para as mulleres ainda que o dos homes a penas variou. Se vemos unha escultura da antiga Grecia, observaremos que o modelo de home atlético da época non difire case nada, ou nada, do estereotipo actual.

Sen embargo, para as mulleres isto é moi diferente. Se observamos a venus de Willendorf atoparémonos cunha muller con peitos e cadeiras enormes, algo que na actualidade sería impensable. Esta venus sería unha especie de amuleto de fertilidade.

Por outra banda, sen ir máis lonxe, “As tres gracias” de Rubbens tamén eran mulleres que na actualidade se tachan de obesas. Todo isto amosa como os estereotipos cambiaron e, na miña opionión, non melloraron.

É ben sabido que os modelos de beleza ían cambiando dependendo do momento, isto é, en épocas de abundancia a liña seguida era a da delgadeza mentras que, pola contra, en momentos de crise era ben visto un modelo de muller con curvas. Dalgún xeito, así tamén se marcaba cales eran as persoas que tiñan o poder.

Na actualidade milleiros de adolescentes sofren enfermidades como consecuencia da súa obsesión por entrar dentro do estereotipo de beleza e tratar de parecerse a modelos que desfilan nas pasarelas e que dan unha imaxe nada saudable.

A anorexia e a bulimia son dúas enfermidades padecidas por rapazas, na súa maioría, e, cada vez máis, hai nenas que as están a padecer. Un informe sobre a poboación adolescente española descobre que case a metade das rapazas , un 46% , vense gordas e intentan por diversos medios perder peso. Isto será para moitas o comezo do camiño que leva a anorexia.

Tamén sabemos que moitas mulleres famosas pola súa beleza ou elegancia eran anoréxicas, como a emperatriz Sisi ou a duquesa de Windsor, que dicía que nunca un é demasiado rico nin demasiado delgado.

A anorexia caracterízase pola restricción da inxesta de alimentos o cal produce unha gran perda de peso. Sen embargo, as rapazas que padecen esta enfermidade vense gordas e ó pedirlle que elixan cal é a súa silueta de entre varias, elixen aquel amáis gorda. Elas realmente vense así, distorsionan a realidade. Pero isto non é todo. É impresionante como para estas rapazas a extrema delgadeza é algo desexado, algo que admiran e que lles parece a perfección.

Por outra banda, a bulimia é outra enfermidade de carácter psicológico así como a anorexia. As persoas que padecen bulimia teñen unha baixa autoestima, séntense culpables por comer demasiado, adoitan provocarse vómitos,… e como consecuencia presentan oscilacións bruscas do peso corporal. Todo isto sen nomear que ó provocarse vómitos están pouco a pouco abrasando o esófago.

Pois ben, cal é a miña intención con este artigo?? Que pretendo dicir??? É ben sinxelo. Este problema, estas enfermidades que estamos a provocar nas adolescentes é un problema social. Paréceme moi hipócrita que todos votemos as mans á cabeza cando observamos a rapazas con desaxustes deste tipo pero, sen embargo, ninguén pon medios para evitalo.

Nas pasarelas aparecen modelos que claramente deben ter problemas de alimentación, as tallas que están desfilando oscilan entre a 34 e a 38 (e estou sendo demasiado xenerosa) cando a realidade é que as mulleres de a pé non utilizan esas tallas.

Todos os intentos por tentar evitar que desfilen rapazas con esas características, na miña opinión, foron fallidos porque as modelos seguen estando demasiado fracas. Imos ver un exemplo que demostra a loucura da sociedade actual:

Na semana da moda feminina de Milán exclúese á diseñadora Elena Miró do desfile xa que se adica a vestir a mulleres a partires da talla 44. Que vos parece?? Eu penso que é normal que a exclúan, non?? Unha muller coa talla 44 é unha obesa, obviamente. Claro que si!!!! Pero unha modelo do talle 34 está perfectísima, non???

Que hipócritas estamos sendo!!! Iso é o que estamos a facer para evitar as enfermedades alimenticias dos nosos fillos?? Porque, por se non o sabedes, a talla máis usada en Italia e en toda Europa é a 44 e non a 38, asíque sería máis normal que as modelos usasen esa talla non?? Pois ó parecer, o presidente da Cámara italiana da moda que organiza os desfiles non opina o mesmo e, polo tanto, decide excluir a esta diseñadora de “tallas grandes”. Que gran idea!!! Deste xeito seguro que conseguimos que o 100% das adolescentes rematen padecendo anorexia, bulimia ou algún trastorno alimentario polo estilo.

Para rematar, dado que estas enfermidades se tratan dunha doenza en gran parte social, deberían incrementarse as campañas publicitarias que contrarrestasen a nefasta influenza do modelo de beleza da talla 36, aínda que, o máis correcto sería evitar que esa fose a talla que desfile.

Quérete tal é como es e non desexes ser unha desas bonecas irreais que aparecen nas revistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario