lunes, 25 de octubre de 2010

O machismo na sociedade actual

A cuestión do xénero está moi presente na actualidade debido á gran concienciación da sociedade do necesario que é chegar a unha igualdade e, obviamente, á gran información que temos hoxe en día, e que nos fai poder ter unha perspectiva sobre este asunto. Sen ir máis lonxe, hai cincuenta anos e, en medio da ditadura franquista de entón, era imposible ter este grao de información e de liberdade.

Falar de xénero non é falar unicamente dunha distinción de sexo, vai máis alá. Temos que pensar no importante que é á hora da elección do noso traballo. Cando unha nena lle di a seus pais que quere ser camioneira, albanel ou calquera cousa polo estilo, é a súa propia familia a que tenta sacarlle a idea da cabeza, ben porque non lle pareza adecuado, ben porque o consideren un traballo moi duro para unha muller,… e isto todo está relacionado co xénero e cos prexuízos que hai arredor del. Non temos máis que pensar que, se fose un neno o que expresase isto, os pais non porían o grito no ceo.

Por outra banda, tamén podemos reflexionar sobre o caso dos toureiros, non hai moito, unha muller deixou este mundo polos continuos problemas que tiña cos seus compañeiros baróns. Trátase da chamada Cristina Sánchez. E tamén hai casos de toureiros que se negaban a tourear nunha praza onde o fixese unha muller.

Por outra banda, non podemos esquecer falar dos xoguetes. Cando un pai pensa nun regalo para a súa filla véñenselle á cabeza as bonecas, as cociñiñas,… polo que se ten aínda a concepción de que a muller é a que coida ós nenos, a que se ocupa das tarefas do fogar,… Cando se pensa sobre o regalo do neno, fálase sobre coches, grúas,… Aquí se ve a gran diferenza, e isto sen mencionar que os xoguetes das nenas, tratándose da mesma cousa, como por exemplo unha bicicleta, son mais inofensivos e sinxelos mentres que os dos nenos son máis brutos.

Tampouco podemos esquecernos ó tratar a cuestión do xénero da chamada violencia machista ou de xénero. Na actualidade as mulleres vítimas desta violencia están máis protexidas e teñen a posibilidade de denunciar ás súas parellas. Ademais, contan co teléfono de axuda e denuncia 016.

Sobre esta cuestión, teño que dicir que estou de acordo en que a violencia de xénero se da só de homes cara mulleres posto que esta denominación supón un agravante á hora de xulgar ó acusado.

Non hai máis que ver a cantidade de denuncias e mortes de mulleres que hai ó longo do ano no noso país para darse conta do machismo que existe na nosa sociedade. E, adiantándome ás réplicas daqueles que non opinen coma min, teño que dicir que aínda que hai homes maltratados polas súas parellas, as denuncias non son comparables coas das mulleres e as mortes, non teño datos de que se dean.

Por outra banda, é certo de que sentirán vergoña de denunciar pero, tamén é certo, que ata que se comezou a apoiar ás mulleres con este tema, a fomentar con campañas de publicidade e con moitas outras cousas as súas denuncias, non se comezou a falar desta violencia entorno ó sexo oposto. Chega a resultar un pouco paradóxico, non? Hipócrita, diría eu, xa que cando eran eles os que podían maltratar e facer coas súas mulleres o que lles daba a gana porque, “eran súas”, non protestaban nin afirmaban seren eles maltratados tamén.

Nesta liña, podemos sinalar a película protagonizada por Amaia Salamanca “No estás sola, Sara”. Nela encarna o papel dunha rapaza maltratada polo seu mozo ó que finalmente deixa e logra denunciar aínda que a ameaza de morte. É un exemplo de cómo se pode saír dunha situación así, un exemplo de ánimo para as mulleres que sofren a violencia machista.

Por outra banda, os anuncios sexistas están á orde do día. Todos chegamos a ver a tan polémica campaña de Dolcce y Gabanna ou algúns dos anuncios de AXE. Neles a muller sempre aparece como un obxecto. Pero o anuncio de coches de segunda man de BMW tampouco queda atrás. Nel aparece a frase: “Sabes que non es o primeiro” xunto coa foto dunha muller rubia moi guapa. En que posición se nos sitúa ás mulleres? E, o máis importante, como pode haber mulleres que se presten a facer iso?

Pero anuncios tan inofensivos, aparentemente, como os do ambientador Airwick, non o son tanto. Neles aparecen como protagonistas, case sempre, atentas nais que se ocupan das labores da casa e de coidar ós fillos. Mentres, os seus homes traballan ou adícanse a tarefas creativas como compoñer partituras musicais.

Para rematar, só dicir que deberiamos darnos conta de que as diferenzas entre homes e mulleres, entre nenos e nenas están máis presentes do que se pensa aínda que, ás veces, temos tan asimilados certos prexuízos como poden ser o dos xoguetes,… que non nos damos conta. Na miña opinión, para rematar co machismo e con todas as diferenzas que teñan que ver co xénero, debemos educar ás futuras xeracións tratando do mesmo xeito a nenos e nenas e non establecendo diferenzas. Neno e nena teñen a mesma capacidade para poñer a mesa, para traballar dunha cousa ou doutra,… as diferenzas están presentes, unicamente, na nosa mente.

Penso que non é necesario dicir que certas maneiras de falar tamén potencian a desigualdade. Conceptos como que unha muller é unha “zorra” por manter relacións con varios homes e o home, pola contra, é un “machote” ó estar con varias mulleres, están fóra de século. Creo que son pensamentos medievais así como os de que algo aburrido é un “coñazo” e, algo divertido é “cojonudo”.

O camiño cara a igualdade aínda está case sen comezar a percorrer, é moito o que queda por facer pero, se todos pomos da nosa parte, ensinando e educando ben ós nosos nenos, denunciando todas as condutas ofensivas,… chegaremos a conseguir unha sociedade sen prexuízos e sen discriminacións por razón de xénero nun futuro.

2 comentarios:

  1. moi bo artigo sí señora!!
    nós e as nosas reivindicacións...jejejej
    moitos bicos!

    ResponderEliminar
  2. jajajaja!!!eq se non reivindicams as mulleres os homes non o han facer x nos...tamen é certo q eles agora estan a sufrir todo xunto o q nos levams padecido dende hai moito tempo pero...q se aguanten q lles fai boa falta q lles poñan as pilas!!!!se x min fose ainda debian sufrir máis!!jajajajja
    un bikiñooo

    ResponderEliminar