domingo, 17 de octubre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 7

Venres, 10 de febreiro
O luns foi o único día que faltei ao instituto. O martes, mércores e xoves fun e estoume dando conta de que todo o que fixen na clase para axudar a Ainara converteuse nun costume: tomar apuntes, subliñar nos libros, facer e corrixir os deberes. Nestas semanas tiven varios exames, aprobei máis que en toda a primeira avaliación, incluso recuperei as que me quedaran na primeira. Tampouco fun a ver a Ainara. Non estaba enfadado con ela por ocultarme a verdade, sei que o fixo con boa intención.

O próximo martes é san Valentín. No instituto, todo o mundo está revolucionado, desde os cativos da ESO, ata os do Bacharelato, preparando adornos e un buzón para cartas. A mín nunca me pareceu un día tan importante. Se queres a alguén de verdade, demóstrase cada día, non unha vez ao ano. Aínda que, claramente isto nunca llo comentei aos meus amigos.

Entrei na clase. Alicia aínda non chegara pero o resto dos meus compañeiros xa estaban todos, agás Jose. Sentei agardando a que rematara xa o día para marchar para a casa e comezar un largo fin de semana. Esta é a terceira clase de lingua española esta semana e xa fai dúas que non visito a Ainara. Estiven pensando en ir a súa casa, pero non son quen de facelo.

Despois de cincuenta minutos soa o timbre. Son o último en recoller e dirixinme á porta para saír.

-Lucas, ¿falaches con Ainara últimamente?

-Non, aínda non -acerqueime a Alicia despois de pechar a porta, adiviñando que o que íbamos a falar non lle incumbía a ninguén máis.

-Sei que non son ninguén para entrometerme entre vos...

-¿Nos? Non hai un nosoutros. Só a estou axudando.

-Sí claro, de momento -díxoo baixo pero o suficiente para que o escoitara e que se me grabara na cabeza-. Pero creo que deberías ir a vela.

-¿E cres que non o sei? -todos estes días estiven furioso comigo mesmo por non ser capaz de facelo. Non sei con que cara mirala- Estiven pensando moito estes días. Eu sei que ela non ten a culpa, pero no fondo estoulla botando continuamente por cambiar tanto a miña vida. E ódiome por iso.

-E en lugar de agradecerllo, cúlpala -co montón de suspenso que tivera este curso, nunca me enfadara cun mestre, pero nese momento ver que Alicia adiviñaba todo o que pasaba pola miña mente, desquiciábame.

-Seino, pero é o que sinto.

-Está ben, pero deberías facer un esforzo e ir visitala, tampouco vai ser fácil para ela. Si o fora, ela mesma che contaría todo e non che ensinaría eu a carta. E despois do que pasou, agradecerache a compañía.

-Non sei, supoño. Ben, que eu lera a carta non ten por que afectarlle tanto -creo que se me escapa algo xa que tal e como fala Alicia parece que sucedera algo terrible.

-Lucas, ¿non sabes o que ocorreu o venres realmente? -neguei. Estábame asustando. Cando me jun Ainara estaba perfectamente. Se pola miña culpa lle pasase algo, non mo perdoaría- Pois... despois de que te foras, Ainara saiu detrás túa e debeu marearse ou algo así e caiu polas escaleiras.

-¿E está ben? -durante toda a mañá do venres tivera un mal presentimento e sentín ben.

-Está relativamente ben. Con todo, esa caída aforroulle o ter que elixir se ter ou non o bebé. Provocoulle o aborto -caíseme a alma ós pés. Non sei se iso era bo ou malo pero agora estaba totalmente seguro de que tiña que ir visitar a Ainara.

-Non debín reaccionar así, tiña que quedar e falar con ela, en vez de saír correndo.

-Lucas, agora non te tortures. Non vale a pena. Non foi culpa túa e, ademáis, Ainara, e sábelo moi ben creo eu, non che botará nada á cara. En todo isto non hai culpables, só vítimas e o único que pode sentirse culpable é Jose -calmeime bastante, nunca crin que falar con alguén solucionara tanto as cousas-. Vai visitala e falade tranquilamente. As cousas non poden ir a peor -parecía tan convencda diso que ata eu mo crín.

-Si, tes razón. Creo que irei o martes, así este fin de semana podo buscar algo que levarlle.

-¡Elixe ben! Xa que o día ben o merece. Veña, vaite. Ata o luns.

-Adeus.

O instituto xa estaba totalmente baleiro, só quedaban algúns profesores e o bedel e xa estaban comezando a traballar as señoras da limpeza. Encántame o instituto así. Todo tranquilidade. Cando estou cos meus compañeiros sentíame obrigado a comportarme dunha maneira moi diferente a como son en realidade. Ao principio non me custaba nada, era moi fácil finxir. Sen embargo agora, ó estar tanto tempo con Ainara, vendo como confía tanto en min, cústame moito ocultar todo isto ós demáis xa que ela saca o mellor de min e coñece ó verdadeiro Lucas. De feito cando un mestre pasaba lista e a nombraba, tiña que aguantar e calar. Con todo, parecíame moi raro que ninguén se preocupara por ela. Pasa cando alguén é demasiado tímido, pois a timidez oculta todo, tanto o bo como o malo.

Esta tarde e mañán aproveitarei para mercarlle algo a Ainara, a ver se acerto, como cando lle comprei o libro de Hector Malot, ata a min me gustou. Recomendareillo a Jose para que aprenda a superar as malas rachas con axuda de outras persoas, e non coa da bebida.
 
CONTINUARÁ

No hay comentarios:

Publicar un comentario