sábado, 6 de noviembre de 2010

En busca do prícipe azul

O amor, esa sensación que te fai sentir nas nubes, que te fai voar, que é quen de facer que te sintas a persoa máis feliz do mundo.

Amor, iso que consegue que cando estás coa outra persoa sintas que ela é o único que precisas, o único que te pode facer levantar todas as mañás. Nunca viviches ese momento no que ó estar ó seu carón, ó sentires as súas caricias, os seus bicos,… perdes o control?? Nunca te namoraches dun xeito tan inexplicable que nin ti mesmo o podes comprender?? Nunca sentiche que cando estás ó lado desa persoa o resto do mundo che da igual e que cando ela non está todo perde sentido??

Unha historia de amor, iso que todos vivimos, iso que fai que todo sexa posible. Porque eu son das que penso que por amor un é capaz de todo, perdóanse cousas que noutra ocasión nunca permitirías,…

Amor, iso é o que está detrás do sufrimento das mulleres que padecen violencia de xénero, moitas das cales morren. Ese sentimento é o que as fai perdoalo todo porque teñen a esperanza de que a outra persoa cambie, de que todo o que están a vivir é só un pesadelo.

Pero que é a violencia de xénero?? É aquela que se exerce cara as mulleres polo feito de selo e que se cobra cada ano decenas de víctimas en España. Para facernos unha idea, na última década faleceron 629 a mans das súas parellas e, no que vai de ano, son 57 as mulleres mortas nestas circunstancias (se ben é certo que esta é a cifra máis baixa dende que se teñen datos fiables).

Pois ben, as mulleres maltratadas aguantan unha violencia física, psíquica e incluso sexual por parte das súas parellas polo simple feito de estar namoradas. Teñen a esperanza de que a situación cambie e, na maioría dos casos, o final é tráxico.

Non hai moito entereime do caso dunha rapaza cercana a min que está a sufrir, dalgún xeito, este tipo de violencia. Atópase nunca situación delicada, concédelle ó seu mozo todo aquilo que el decide por ela e ocorre así porque nun momento da súa vida ela viuno coma a súa salvación. Explicareime mellor:

A moza da que estamos a falar viviu unha situación delicada na súa casa e tivo que marchar dela. Naquel intre o seu mozo apoiouna e decidiron ir vivir xuntos. Cal é o problema?? Que cada vez que a el lle parecía que o xeito no que se comportaba non era o que a el lle gustaba, ameazábaa con deixala.

Co paso do tempo a situación agravouse ata o punto de que na actualidade nin sequera pode ir tomar un café coas súas amigas se el non a acompaña, sen embargo, el pode saír cos seus amigos sempre que lle apeteza. Non é unha postura bastante machista?? Dalgún xeito non o podemos considerar violencia de xénero?? O xeito no que ela o perdoa e fai todo o que el lle pide, non é unha mostra de amor??

Co que estou a explicar non xustifico que a muller maltratada non denuncie, eu son a primeira en apoiar as denuncias por malos tratos. Se ven é certo, o que trato é que entendamos o xeito de pensar desas mulleres, que comprendamos que están namoradas e que non se dan conta da súa situación. Non podemos crucificalas por non denunciar porque non son conscientes realmente do seu estado. O AMOR É CEGO.

O non ser conscientes da súa situación, ver o seu agresor coma un salvador, negar a realidade, verse afastadas das súas familias e vida social,…todo isto forma parte do síndrome da muller maltratada e pasa moito tempo ata que son capaces de descubrir o tipo de relación na que están inmersas.

Leonore Walter definiu o ciclo de violencia do seguinte xeito:

1. Fase de Acumulación da Tensión: a víctima percibe claramente como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e atopando motivos de conflito en cada situación.

2. Fase do Estalido da Tensión: a violencia finalmente explota e da lugar á agresión.

3. Fase de Lúa de Mel: o agresor pide desculpas e fai regalos tratando de mostrar o seu arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis breve e chegando a desaparecer.

Este ciclo, no que ó castigo (agresión) lle sigue á expresión de arrepentimento que mantén a ilusión de cambio, pode axudar a explicar a continuidade da relación por parte das mulleres nos primeiros momentos, despois moitas continúan só por medo.

Este ciclo pretende explicar a situación na que se da violencia física, xa que a violencia psicolóxica non aparece de maneira puntual, senón ó longo dun proceso que pretende o sometemento e o control da parella.

Por outra banda, podémonos encontrar cunha serie de mitos entorno a este tema que, nalgunhas ocasións dan arrepíos. Aquí vos deixo algúns deles:

• O agresor padece transtornos mentais, é alcohólico,… Claro, non se da conta do que fai pero, paradoxicamente, non se lle ocorre suicidarse nin danarse a sí mesmo. Non sexamos hipócritas!!!

• A muller provócao, dalle motivos, danse situacións de celos,… Claro que si!!!!A culpa é da muller e da súa lingua viperina ou de que é unha puta e dalle motivos para estar celoso!!! Pero en que mundo vivimos?? Se non estás feliz con ela busca outra e punto pero non digas que a muller te “provoca”!!! Se o suficientemente home como para recoñecer que es un animal!!!!

• Existe a crenza de que as situacións de maos tratos se dan entre parellas mal avenidas, de estratos sociais baixos,… Pois verán vostedes, resulta que os malos tratos se dan entre parellas de todas as situacións sociais. O problema é que os homes aínda se cren donos das súas parellas, que son uns machistas e non soportan saber que podemos vivir sen eles tranquilamente!!

Haberá cousa de dous anos, un membro da Igrexa Católica aseguraba que moitas das mulleres que padecían violencia de xénero eran culpables porque provocaban ás súas parellas. Pois ben, gustaríame dicirlle a este elemento que sería mellor que pechase a boca, que por culpa de individuos coma el estamos como estamos, e que a igrexa é a menos indicada para abrir a boca. Que pasa??? Os casos de pederastia que se dan en membros da súa compañía tamén son porque os nenos os provocan??? Pechen a boca e non me fagan falar e deixen de meterse no que non lles incumbe!!! O que lles pasa é que a sociedade cada vez é máis laica e teñen medo de que se lles acabe o choio.

Para rematar, só dicir que, no fondo, estas xustificacións buscan reducir a responsabilidade e a culpa do agresor, ademais do compromiso que debería asumir toda a sociedade para previr e loitar contra este problema.

E para as que ainda busquen un príncipe azul, dicirlles que non existe e que non existiu nunca. Os contos de fadas son só iso, contos.
http://www.youtube.com/watch?v=uelHwf8o7_U&ob=av3e

2 comentarios:

  1. Ay madre miña lucia!! q razon tes miña rula!!
    aer se en poucos dias tamen actualizo eu, cando teña tempo, jajajj
    gustoume gustoume!!jajajj
    bicos

    ResponderEliminar
  2. jajajaja!!!xa sei q pode resultar un pouco duro pero e a verdade, ou polo menos dende o meu punto d vista e a verdade...alegrom d q chhe gustara!!!!
    un bikiño nena!!!!

    ResponderEliminar