Ter unha norma, un modelo a seguir que pretendemos que sexa habitual e todo o que difira, teña comportamentos distintos ou non se axuste a esa norma é considerado como raro, problemático ou, no caso das persoas, enfermo é algo moi frecuente. Un exemplo moi habitual é o da homosexualidade ou a bisexualidade.
A sociedade na que vivimos considera que o “normal” é a heteroxualidade, a relación entre un home e unha muller e, por incrible que pareza, aínda hoxe se pensa que a homosexualidade é unha enfermidade, aínda existe xente que non a acepta.
Esta situación é a que impide, moitas veces, que os homo ou bisexuais “saian do armario”, o que dirán inflúe moito na toma desta decisión porque a ninguén lle gusta que o sinalen co dedo. Moito menos se a razón desa “marca” é a súa condición sexual.
Pero, a miña pregunta é: quen decide que é o que está ben e o que está mal?? Quen se cre co poder necesario para sinalar a unha persoa por ser diferente?? Quen pode ser tan retrasado para pensar, aínda a día de hoxe, que esas persoas son enfermas??
As crenzas ou ideoloxías morais de certas persoas impídenlles ver máis alá das súas narices ou das súas ideas de normalidade. Os avances que se teñen levado a cabo por parte da comunidade gay son criticados por unha porcentaxe nada desprezable da sociedade.
O día do Orgullo Gay (28 de xuño) ou o matrimonio homosexual son exemplos de avances que esta comunidade ten levado a cabo pero, por desgraza, isto non significa que a sociedade acepte a este colectivo. As críticas cara a denominación de “matrimonio” á súa unión están á orde do día así como as críticas a que estas parellas poidan ter acceso á adopción.
Non hai moito tempo, nun programa de televisión saíu o caso dun neno que ía a ballet e seu pai non quería que o neno asistise a estas clases porque podía “saírlle maricón” e polo “que dirán”. No mesmo programa, máis recentemente, nunha residencia universitaria unha rapaza tivo que soportar como a súa compañeira de habitación lle retransmitiu un vídeo a todos os seus compañeiros onde se vía como ela mantiña relacións coa súa moza. A rapaza afirmou que o fixo para vingarse e porque “tiña dereito a saber que a súa compañeira era lesbiana, e non quería compartir habitación cunha rapaza destas características”. A pregunta é: quen é o enfermo?? O homosexual ou as persoas que pensan así deles?? Porque eu inclínome máis pola segunda opción…igual estou enganada…
As críticas da igrexa católica cara estes colectivos son ben coñecidas pero, que é o que pretenden?? Facerlles sentir vergoña?? Porque eu penso que os que terían que estar caladiños son os representantes da igrexa, deberíalles caer a cara da vergoña por esas opinións tan machistas e retrogradas.
Vergoña é que os representantes da igrexa digan unha cousa e nos falen de moral e ética cando eles actúan totalmente do xeito contrario. ISO É VERGOÑA.
Vergoña é que os representantes da igrexa sexan acusados de pederastia, de roubos, de negarse a bautizar a un neno por ser fillo de nai solteira posto que é pecado. ISO É VERGOÑA.
Vergoña é que a igrexa católica, esa que critica duramente os asasinatos, fose a que, por medio da Santa Inquisición (sempre ai que dicir que a inquisición era “SANTA”), matase xente inocente. ISO É VERGOÑA.
Vergoña é que estes “representantes de Cristo” vivan de sacarlle os cartos a xente demasiado crente como para estar tan cega e non darse conta de que, a igrexa é unha industria que move moitísimos cartos. ISO É VERGOÑA.
Actúa conforme ós teus principios e non te deixes guiar polo que pensen os demais. A única norma que debes seguir é a de non danar a ninguén cos teus actos. Se isto é así non te preocupes por nada nin ninguén máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario