jueves, 25 de noviembre de 2010

Deprimente ou anecdótico??

A universidade, ese lugar ó que sempre quixen ir dende pequeniña. A universidade, o sitio onde estudas unha carreira á que rematarás adicándote, se tes sorte, o resto da túa vida. A universidade, ese lugar que soñache que sería perfecto, onde atoparías xente xenial, aprenderías cousas sorprendentes sobre a profesión a que te queres adicar,… e a vida universitaria, aquela coa que sempre soñache e, de súpeto, daste conta de que todo non é tan bonito como parece.

Por fin, despois de estudar durante anos, chega o día no que entras por primeira vez na túa facultade, formas parte dos universitarios. Persoalmente ese primeiro día estaba moi nerviosa, non sabía co que me ía atopar ainda que tiña unha imaxe mental previamente feita, imaxe que, por desgraza, non se corresponde coa realidade.

Pois ben, como dicía chegas á facultade e daste conta de que as túas expectativas non son reais. Ese edificio que esperabas que fose bonito e confortable, non o é. E non o é porque nada máis velo vénseche ñá cabeza a imaxe dunha “caixa de zapatos”, como ben dixo unha compañeira.

Para continuar, entras e esperas atopar taquillas, mesas e sillas nas aulas,… o mais normal do mundo, creo eu. Pois non. Taquillas, se se lle pode chamar así, hai pero son….minúsculas e… en fin, non é o que me esperaba. As mesas…as mesas non existían…só existían dúas aulas despostas en forma de grada e con mesas de corrido…dúas aulas ben feitas en toda a facultade…xenial!!! Eas sillas das demais aulas…sillas con pala minúscula onde non se pode apoiar un folio completamente…unha maravilla!!! Perfecto todo para o maravilloso plan Bolonia según nos quixeron facer crer. Menos mal que tras protestar nos puxeron mesas nas aulas…pero isto xa o referín noutro artigo.

Continuemos entón con outro tema: os mestres. Que se espera dun profesor de universidade?? É ben sinxelo: que teña coñecementos da materia e saiba cegar ós alumnos. Con qué nos atopamos?? Cunhas persoas que teñen moitísimo coñecemento da súa materia, iso non se discute. Entón cal é o problema?? O xeito de impartir as clases. Todo o que tratan que ti leves a cabo nun futuro cando sexas mestre, eles non o fan. É unha continua contradicción. Deberemos ser quen de impartir unha ensinanza globalizada, interdisciplinar. Utilizar técnicas “novedosas” que farán que os nosos alumnos cheguen a resultados impresionantes,…pero os nosos mestres seguen utilizando clases maxistrais e aburridas propias do século anterior.

Por se fora pouco, e para colmo de males, fannos descubrir (ou máis ben obrígannos a cambiar o noso xeito de pensar) que todo o que estudamos ata o de agora era mentira. Durante todos estes anos de estudo estivéronnos enganando.

Non, non é un chiste. Aanálise morfolóxica aprendida era “defectuosa”, era unha falsidade. Isto é só un exemplo xa que hai milleiros de cousas máis que non son como criamos. Sabiades que hai verbos que indican “acontecemento anterior ó posterior ó anterior ó momento da enunciación?? Si, é de tolos seino.

Cal é a miña conclusión de todo isto?? Pois non o sei ben, non son quen de decidir se todo isto é deprimente ou anecdótico. A vida universitaria da que todo o mundo fala, na que hai montóns de festas e diversión eu non a vexo. A única “diversión” (debería dicir máis ben que é o único que podemos facer xa que non hai tempo para máis) que vexo son os milleiros de traballos que se acumulan enriba do meu escritorio, os milleiros de apuntamentos por estudar e os exames imposibles de aprobar.

A extasiosa vida universitaria da que me falaron traduciuse nunca estresante situación que invita á depresión día si e día tamén.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 9

Mércores, 15 de xaneiro

Non sei en que estaría pensando ao preocuparme tanto pola miña volta ao instituto. Xa pasaron dúas clases e non me foi tan mal. Gracias a Lucas non perdera moito e estoy ao día en todas as materias. Todos os mestres ofrecéronme axuda, pero non creo que a vaia necesitar. Creo, incluso, que o levo bastante ben comparado con algúns dos meus compañeiros xa que non creo que vaia ter problemas na selectividade e algúns xa están pensando en setembro.
En toda a mañá aínda non vin a Lucas. O motivo é que nas dúas primeiras clases dividímonos pero despois do primeiro recreo xuntámonos todos en lingua castelá. Pensando niso estoume poñendo un pouco nerviosa xa que nas primeiras só estamos uns poucos, pero na seguinte estamos todos, incluídos Lucas, Jose e eu e por suposto Alicia. Non sei como será a cousa, pero espero que Jose non teña ganas de festa; nin Lucas, de pelexa. Ben, agora teño un recreo para relaxarme un pouco. Irei coma sempre á biblioteca. Como aínda queda bastante para os exames, case sempre está baleira, así que non terei ningún problema.
A biblioteca do instituto está bastante completiña xa poucos ocos baleiros lle quedan. Ás veces, en época de exames, ata se quedaba pequeña, tanto que tiñan que habilitar a aula de plástica para estudar durante os recreos. Na biblioteca sempre hai varios mestres de garda ou ordenando libros, hoxe está a de inglés, coma sempre, está ocupada e eu tampouco me fixen notar, polo que me ignorou completemente. Trouxen Ben quiere a Ana par ler. Como é moi delgado xa pasei da metade e mañán posiblemente xa o acabe. Entrou alguén mási xa que escoitei a porta, pero non sei quen é porque sempre me sento de espaldas a ela, para evitar distraerme. Escoito os seus pasos, pero eu sigo ao meu. Sexa quen sexa non se deu conta de que eu estou aquí, así que tampouco me vou a xirar a ver quen é. O peor de todo é que non para de facer ruido e non me deixa concentrarme na lectura. É extraño que a profesora non lle chamara a atención. Xírome un milímetro. Agora o entendo. A de inglés non está. Ela é sempre tan estrita coas normas que era raro que non lle dixese nada. E segue facendo barullo cos libros, ¿quen será? Estame pondo dos nervios.


* * * * *

teño que darme présa, que se me acaba o tempo. Maldito profesor de química, sempre remata as clases dez minutos despois de que toque o timbre do recreo. Normalmente non me importa, pero é que hoxe... ¡Teño que ir a vela xa! Non podo esperar máis. Antes víaa sempre na clase, sentada na segunda fila. Nunca me interesei plenamente por ela, pero era porque estaba ben. Despois do que fixo Jose nas vacacións de Nadal, non sei se está ben ou non e iso tráeme tolo.
Hoxe Ainara volve ao instituto e non sei como lle foi nas dúas primeiras clases. Algúns dos meus amigos están na cancha de baloncesto, outros no ximnasio, así que hoxe teño o recreo sen ningún tipo de carabin. Sei que está na biblioteca, sempre está alí. Ademais, hoxe seguro que está baleira. Non hai peligro de que ninguén nos vexa.
Sinto uns pasos detrás miña e tamén van cara a biblioteca. Xírome e é Jorge. Menos mal. Seguro que vai coller algún libro de lectura obrigatoria.
-Ola Jorge, mira que se liou o de química, tanto que hoxe terei que merendar no segundo recreo.
-Ola Lucas, que razón tes. Ese cada vez chega máis tarde e despois tennos no recreo coa táboas periódica.
-Xa. ¿Vas á biblioteca a coller o libro de galego?
-Non, fun a falar coa de filosofía para que lle levantara o castigo a Jose, porque necesitámolo na cancha que a semana próxima xa é o partido contra o instituto de abaixo e non podemos perder. E, como o conseguín, vouno buscar que o ten ordenando uns libros na biblioteca.
-¿Na biblioteca? -ó escoitar isto, apresurei o paso. Ainara estaba na biblioteca e Jose tamén. Como se lle ocorra facer algunha tontería, matoo.
Abrín a porta da biblioteca demasiado forte. Vina ao fondo sentada cun libro entre as mans. Non estaba relaxada. Alguén estaba facendo demasiado ruido. Dirixín a vista, alí estaba Jose, con oito libros nun brazo e coa outra man ibaos colocando fortemente contro o fondo da estantería.
Jorge foi cara Jose e eu quedei na porta, teso, observando a escena.
-Jose, deixa iso. A de filo pásache o castigo para mañán. Agora cente a entrenar, que estamos un pouco verdes para o partido e non vai xogar Lucas soíño -ao mesmo tempo que dicía isto vin como Ainara se poñía tensa. Non sabía quen era o causante de todo aquel alboroto.
-Agradecereicho eternamente, amigo -deixou os libros en calquera parte e fóronse os dous.
Dende a porta vin como se derrubaba tan pronto como oiu que se pechaba a porta. Non sabía que eu estaba alí. Sentín como algo me apertaba no peito, non sei por que sinto todo isto.

* * * * *

Tan pronto oín o que Jorge dixera, caiume a alma ós pés. Nin pola cabeza se me pasara que puidese ser Jose o que facía todo aquel ruido cos libros. Menos mal que se foron rápido. Jorge é un bo rapaz e un bo amigo, así que supoño que non o sabe todo de Jose porque senon non seguiría sendo o seu amigo. A Jorge coñézoo desde fai bastante tempo xa que é meu veciño. Vive xusto enfrente de min. E teño as miñas razóns para pensar que non vai querer saber nada máis de Jose cando o sepa todo. Unha vez en primaria, teríamos dez anos, Jorge deixou de falarse para sempre a un amigo tan só porque viu como lle pegaba a un can e anos máis tarde, en segunda da ESO, pelexouse con outro rapaz na clase de ximnasia porque viu como este empurraba a unha rapaza. Ben, esa rapaza era eu e o can, meu. Sempre nos levamos moi ben e sempre que me ve saúdame, incluso o mes pasado viu unha vez a miña casa. Pero non sabe, claro, o motivo polo que eu estaba na casa. Non sei se lle dixo algo disto a Lucas. Non sei. Tampouco é tan importante.
-Parece que xa se che pasou o susto -din un respingo, xireime rapidamente. Era Lucas. Intentei sorrirlle-. Non pretendas enganarme que nos coñecemos. Aínda non o quitaches da cabeza, ¿verdade?
-Tampouco foi para tanto. Nunca pensei que se puidese facer tanto balbordo cuns libros... debía de estar ben enfadado.
-Non importa. ¿Que tal levas a mañá?
-Bastante ben. Aínda que me estou a sorprender do ben que o fixemos. Quero dicir, que o entendo todo e non me perdín nada de nada.
-Pois alégrome. Se ti o notas, imaxínate eu e, sobre todo, miña nai. Deixou de darme a tabarra co “Lucas, estudia”.
-¿E ti como é que non foches a entrenar?
-É que a min non me fai falta.
-Pois si que vas de sobrado -rímonos un bo rato. Aquilo sentábame ben. Facía tempo que non me ría así.
-Non, en serio, é verdade. Eu entreno todas as noites na cancha do río e eles só uns cantos recreos. E, ademais, son o seu mellor xogador, compénsalles terme conteto -pois sí que estaba contento hoxe. Ben, eu tamén o estaba. Por fin rematara todo. Agora o único que teño que facer é disfrutar do que queda de curso. Paréceme a min que podo convencer a meu pai de que non fai falta nin que me cambie de instituto, nin que nos mudemos antes de tempo. Non teño moitos amigos, iso seino, pero teño os mellores.
Estivemos un bo rato falando. Incluso ordenamos os libros que Jose deixara abandonados. Logo soou o timbre e subimos para a clase. O resto da mañan non pasou nada. Todo foi sobre rodas. Mellor dito, nadie me fixo nin caso.
Á saída, íbame ir, pero alguén me detivo. Xireime, era Jorge. Estaba moi serio, incluso se podía dicir que enfadado e tiña un lado da cara un pouco inchado, como se alguén lle pagara.
-Jorge, ¿que che pas...?
-Vamos. Quero falar contigo -colleume da man e conduciume a través da marea de xente cara a saída. Cando xa andivéramos, mellor dito, corréramos uns vinte metros, suavizou o paso. Era moi extraño. Jorge nunca se comportara así e menos comigo.
De repente e como saído da nada, Lucas plantouse diante nosa.
-¿Que fas, Jorge? ¿Por que te foches así, tan rápido? -inmediatamente miroume, foi como se se dese conta de que eu estaba alí. Tamén viu a miña cara de susto e que íbamos da man. Intentei soltarme pero tíñame agarrada demasiado forte- ¿E por que arrastras a Ainara contigo?
-Lucas, isto non ten nada que ver contigo -falaba tranquilamente pero notábase que estaba nervioso e tenso-. Só vou falar con ela.
-Pero, sóltaa, vaslle facer dano -Lucas deu un paso cara nos e Jorge ao momento púxome detrás del e alonxouse de Lucas. Non entendo nada e Lucas seguro que tampouco, porque para el, eu e Jorge non nos coñecemos de nada.
-Solteina unha vez, pero xa non o vou volver facer -agora o entendo todo. Xa o sabe todo e vai cumplir a súa promesa e esa determinación asustábame.
-Pero, ¿que dis? -Lucas seguía sen entender nada.
Jorge tirou de min e eu seguino anonadada. Vin como deixou a Lucas coa palabra na boc e sen ningún tipo de explicación. Non sei que é o que me vai dicir Jorge, pero tne que ver coas cousas que ocorreron no pasado. Tampouco sei en que medida van afectar a Lucas.

CONTINUARÁ

sábado, 6 de noviembre de 2010

En busca do prícipe azul

O amor, esa sensación que te fai sentir nas nubes, que te fai voar, que é quen de facer que te sintas a persoa máis feliz do mundo.

Amor, iso que consegue que cando estás coa outra persoa sintas que ela é o único que precisas, o único que te pode facer levantar todas as mañás. Nunca viviches ese momento no que ó estar ó seu carón, ó sentires as súas caricias, os seus bicos,… perdes o control?? Nunca te namoraches dun xeito tan inexplicable que nin ti mesmo o podes comprender?? Nunca sentiche que cando estás ó lado desa persoa o resto do mundo che da igual e que cando ela non está todo perde sentido??

Unha historia de amor, iso que todos vivimos, iso que fai que todo sexa posible. Porque eu son das que penso que por amor un é capaz de todo, perdóanse cousas que noutra ocasión nunca permitirías,…

Amor, iso é o que está detrás do sufrimento das mulleres que padecen violencia de xénero, moitas das cales morren. Ese sentimento é o que as fai perdoalo todo porque teñen a esperanza de que a outra persoa cambie, de que todo o que están a vivir é só un pesadelo.

Pero que é a violencia de xénero?? É aquela que se exerce cara as mulleres polo feito de selo e que se cobra cada ano decenas de víctimas en España. Para facernos unha idea, na última década faleceron 629 a mans das súas parellas e, no que vai de ano, son 57 as mulleres mortas nestas circunstancias (se ben é certo que esta é a cifra máis baixa dende que se teñen datos fiables).

Pois ben, as mulleres maltratadas aguantan unha violencia física, psíquica e incluso sexual por parte das súas parellas polo simple feito de estar namoradas. Teñen a esperanza de que a situación cambie e, na maioría dos casos, o final é tráxico.

Non hai moito entereime do caso dunha rapaza cercana a min que está a sufrir, dalgún xeito, este tipo de violencia. Atópase nunca situación delicada, concédelle ó seu mozo todo aquilo que el decide por ela e ocorre así porque nun momento da súa vida ela viuno coma a súa salvación. Explicareime mellor:

A moza da que estamos a falar viviu unha situación delicada na súa casa e tivo que marchar dela. Naquel intre o seu mozo apoiouna e decidiron ir vivir xuntos. Cal é o problema?? Que cada vez que a el lle parecía que o xeito no que se comportaba non era o que a el lle gustaba, ameazábaa con deixala.

Co paso do tempo a situación agravouse ata o punto de que na actualidade nin sequera pode ir tomar un café coas súas amigas se el non a acompaña, sen embargo, el pode saír cos seus amigos sempre que lle apeteza. Non é unha postura bastante machista?? Dalgún xeito non o podemos considerar violencia de xénero?? O xeito no que ela o perdoa e fai todo o que el lle pide, non é unha mostra de amor??

Co que estou a explicar non xustifico que a muller maltratada non denuncie, eu son a primeira en apoiar as denuncias por malos tratos. Se ven é certo, o que trato é que entendamos o xeito de pensar desas mulleres, que comprendamos que están namoradas e que non se dan conta da súa situación. Non podemos crucificalas por non denunciar porque non son conscientes realmente do seu estado. O AMOR É CEGO.

O non ser conscientes da súa situación, ver o seu agresor coma un salvador, negar a realidade, verse afastadas das súas familias e vida social,…todo isto forma parte do síndrome da muller maltratada e pasa moito tempo ata que son capaces de descubrir o tipo de relación na que están inmersas.

Leonore Walter definiu o ciclo de violencia do seguinte xeito:

1. Fase de Acumulación da Tensión: a víctima percibe claramente como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e atopando motivos de conflito en cada situación.

2. Fase do Estalido da Tensión: a violencia finalmente explota e da lugar á agresión.

3. Fase de Lúa de Mel: o agresor pide desculpas e fai regalos tratando de mostrar o seu arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis breve e chegando a desaparecer.

Este ciclo, no que ó castigo (agresión) lle sigue á expresión de arrepentimento que mantén a ilusión de cambio, pode axudar a explicar a continuidade da relación por parte das mulleres nos primeiros momentos, despois moitas continúan só por medo.

Este ciclo pretende explicar a situación na que se da violencia física, xa que a violencia psicolóxica non aparece de maneira puntual, senón ó longo dun proceso que pretende o sometemento e o control da parella.

Por outra banda, podémonos encontrar cunha serie de mitos entorno a este tema que, nalgunhas ocasións dan arrepíos. Aquí vos deixo algúns deles:

• O agresor padece transtornos mentais, é alcohólico,… Claro, non se da conta do que fai pero, paradoxicamente, non se lle ocorre suicidarse nin danarse a sí mesmo. Non sexamos hipócritas!!!

• A muller provócao, dalle motivos, danse situacións de celos,… Claro que si!!!!A culpa é da muller e da súa lingua viperina ou de que é unha puta e dalle motivos para estar celoso!!! Pero en que mundo vivimos?? Se non estás feliz con ela busca outra e punto pero non digas que a muller te “provoca”!!! Se o suficientemente home como para recoñecer que es un animal!!!!

• Existe a crenza de que as situacións de maos tratos se dan entre parellas mal avenidas, de estratos sociais baixos,… Pois verán vostedes, resulta que os malos tratos se dan entre parellas de todas as situacións sociais. O problema é que os homes aínda se cren donos das súas parellas, que son uns machistas e non soportan saber que podemos vivir sen eles tranquilamente!!

Haberá cousa de dous anos, un membro da Igrexa Católica aseguraba que moitas das mulleres que padecían violencia de xénero eran culpables porque provocaban ás súas parellas. Pois ben, gustaríame dicirlle a este elemento que sería mellor que pechase a boca, que por culpa de individuos coma el estamos como estamos, e que a igrexa é a menos indicada para abrir a boca. Que pasa??? Os casos de pederastia que se dan en membros da súa compañía tamén son porque os nenos os provocan??? Pechen a boca e non me fagan falar e deixen de meterse no que non lles incumbe!!! O que lles pasa é que a sociedade cada vez é máis laica e teñen medo de que se lles acabe o choio.

Para rematar, só dicir que, no fondo, estas xustificacións buscan reducir a responsabilidade e a culpa do agresor, ademais do compromiso que debería asumir toda a sociedade para previr e loitar contra este problema.

E para as que ainda busquen un príncipe azul, dicirlles que non existe e que non existiu nunca. Os contos de fadas son só iso, contos.
http://www.youtube.com/watch?v=uelHwf8o7_U&ob=av3e

martes, 2 de noviembre de 2010

Cuarto 136

CAPÍTULO 8

Martes, 14 de febreiro


Fai xa dúas semanas e media que Lucas non ven a visitarme. Non podo reprocharllo, pero bótoo de menos, con el os días pasábanseme nun abrir e pechar de ollos. Estes días so descansei, non fixen absolutamente nada, despois do do último venres do mes pasado encontrábame moi cansa. Non sei que vou facer. En Aninovo viólanme e un mes despois aborto. Calquera que me escoite vai pensar que preciso un psicólogo, aínda que ao mellor si que o preciso. Con todo, sigo pensando que o aborto me aforrou unha decisión horrible. Non sería quen de abortar por vontade propia nin tampouco de telo, xa que significaría recordar isto de por vida. Non sería capaz de elixir.

Hoxe é o día de san Valentín e meus pais marcharán á tarde porque van cear fora. Pola mañá estiven na sala vendo a tele e un pouco na cociña falando con miña nai de cousas sen importancia e da miña reincorporación ao instituto este mércores. Estaba preocupada por min. Fai dous días escoitei a meus pais falando e comentaron algo sobre cambiarme de instituto ou mudarnos a outro sitio máis preto da universidade de meu irmán. Creo que é o mellor, non teño nada que me ate a esta cidade e o cambio non me virá nada mal. Total, máis amigos non vou ter. Pensando isto parezo un témpano de xeo pero en realidade, lamentarei ter que marchar despois de facer tan boas migas con Lucas.

Hoxe ven comer a miña tía Elena. Así queda comigo cando meus pais marchen. Seguro que non me aburrirei porque é, de todas as tías que teño, a máis divertida con casi cincuenta anos.

Estivemos case toda a tarde falando. Xa casi son as sete e meus pais xa marcharon. Miña tía foi á cociña preparar café, non sei porque os xornalistas sempre toman tanto. Menos mal que cando ven, miña nai xa lle ten preparado unha cafeteira. Mentras a oía preparar a taza na cociña, soou o timbre. Iba a levantarme, pero miña tía atravesou a sala rápida coma unha frecha e abriu ela a porta. Desde a sala víase parte do recibidor polo que puiden escoitar:

-Hola. Son Lucas, un compañeiro da clase de Ainara.

Puiden ver como miña tía quedaba muda, á vez que eu me quedei a cadros. A parte de que non esperaba hoxe a súa visita, tamén me sorprendeu tanta formalidade. Miña tía comezóu a sorrir e chiscoume un ollo sen que Lucas se dera conta.

-Hola. Son Elena, a tía de Ainara e ela está na sala.

Entraron os dous na sala. Inmediatamente quedei atontada. Facía tempo que non o vía e xa non me lembraba que a súa presencia in¡mpoñía un chisco bo. Isto sería como comezar de novo. Miña tía indicoulle que se sentara e fíxoo a miña esquerda no sofá.

-Estarei na cociña. Se necesitades calquera cousa, chamádeme.
-Vale, grazas -parecía decidido pero ao mesmo tempo notábase que lle custara moito vir-. Sinto non ter vido antes pero, é que...
-Non pasa nada -interrumpino de inmediato-, non tes que darme explicacións de ningún tipo. Sinto todos os problemas que che provoquei, tanto como ocultarche a verdade, pero é que non estaba segura. Pídoche que me perdoes -acababa de dicir a frase máis longa que lle diría a un rapaz e sen poñerme nerviosa. Incrible.
-Xa, pero debín quedar e falar -estaba totalmente disposto a culparse do sucedido, pero eu non o ibaa a permitir-. Así non terías caído. Eu teño a culpa...
-¡Quieto parado! Non sigas por ahí, ti non tes a culpa de nada. O único que pode sentirse culpable é Jose. Así que cambia de cara e de tema -acababa de sermonearlo, pois si que cambiara nestas semanas.
-¿Falaches con Alicia? É que dixeches xusto o mesmo que me dixo ela o venres.
-Sí, é que estas semanas estiven falando con Alicia, miña tía e con miña nai e penseino moito. Non sei se serei quen de volver ao instituto e meu pai estase planteando a opción de mudarnos. Todo isto foi unha mala experiencia que puido acabar moito peor... Non sei se o superarei -quedou calado un anaco. Logo levantouse, acercouse á ventá e púxose de espaldas a min. Non sei que dirá, pero é algo que lle preocupa. Cando algo lle preocupa moito lle custa dicilo.
-No suposto caso de que vos mudárades, ¿a onde vos iríades?
-A un pobo que hay preto da universidade de meu irmán. Pero aínda non hay nada seguro... -diande del, oprímeseme o estómago con so pensar en marchar. Quizás se agora me preguntaran se me mudaría, inmediatamente diría que non, pero noutro momento ao mellor o reconsideraría. Xirouse e púxose diante miña. Estaba moi serio, pero brillábanlle os ollos, tanto que me vin reflexada naqueles ollos verdes que tanto me fascinaban.
-Aínda que ao mellor non é necesario, ¿non? Quero dicir que tamén hai unha posibilidade de que todo se solucione e non teñas que marchar.
-Ben, supoño que si -tamén supoño que lle custará un pouco dicirme directamente que quere que quede, pero faino indirectamente. Máis vale algo que nada. Aínda que tampouco debo aferrarme con demasiada forza.
-Trouxenche isto. Facíaseme moi raro vir sen traerche nada.
-Non facía falta -collín o paquete que me tendeu. Era pequeno e estaba envolto en papel dos paquetes cando se envían por correo. Desenvolvino. Había dous libros pequenos: un era Las mágicas aventuras de Coriandro de Sally Gardner e o outro, que era máis pequeno e delgado, Ben quiere a Ana de Peter Härtling. Tanto un coma o outro semellaban interesantes e volvín a sentir a mesma curiosidade de cando Lucas me regalou o primeiro libro-. Gracias. ¿E estes por que os elixiches? -el sorriu, o cal me sorprendeu.
-Despois de que os leas dígocho, ¿vale? Ben, Ainara. Vémonos o xoves pola tarde porque mañá teño que coidar a miña prima e a Daniela.
-Non -interrogoume coa mirada. Eu sorrín, esta vez íbao a sorprender eu-. Mañá volvo ao instituto. Así que vémonos mañá na clase.
-¡Que ben! Alégrome moito, pero... -de repente púxose serio, ¿qué ocorrería agora?- nadie saba que nos estivemos vendo. E preguntaranse...
-Non te preocupes, non son tonta.
-Tampouco quería dicir iso. Aínda que volvas ao instituto, seguimos polas tardes co de sempre, ¿non?
-¡Sí, claro!
-Nestas semanas tivemos algúns exames e nun par deles andiven algo frouxo e selectividade está á volta da esquina -volta á actual “normalidade”, relativamente. Parece ser que durante la semana lle fixera algo de falta as miñas “clases particulares”.
-Non hay problema. Apretamos un pouco e xa verás como non vas a andar frouxo en ningún examen máis.
-Grazas. Ata o xoves. ¡Adeus tía de Ainara! -díxoo elevando un pouco a voz para que miña tía o escoitara na caciña.
-Adeus Lucas -no mesmo intre no que el se foi, miña tía pasou, tan rápida como as sús pernas lle permitiron, da cociña, a estar sentada ó meu carón no safá, coa mirada pícara e interrogante.
-¿Que te traes con Lucas? ¿E como é que “un rapaz” ven a visitarte a túa casa?
-Non me traio nada con el. Lucas foi quen me levou ao hospital o día que me desmaiei na libraría de don Agustín. A parte de que vai na miña clase, viu todos os días a visitarme ao hospital e cando me deron a alta, ven a casa. Falamos e facemos os deberes... e regaloume algúns libros.
-Pero... -estaba pensando nalgo, con Elena podíase esperar de todo, aunque tivese case cincuenta anos- ¿El gústache? ¿E sabes se lle gustas?
-¡Ay, tía Elena! ¡Que cousas dis! Pero... tes algo de razón.
-¡Sempre acerto! Gústache, ¿verdade?
-Sí -menos mal que era miña tía e que sei que podo confiar nela-. E non sei se lle gusto, aínda que o dudo.
-Ay, sobriña. Normalmente estoy sempre de acordo contigo porque sempre tes razón cando falas. Pero esta vez, síntoo, teño que discrepar. Sabes dar consellos ós demáis e interpretar moi ben os xestos e sentimentos das persoas. Pero cando se trata de ti, non tes nin idea. Vin como te mira e sobre todo cando se foi vin como un rastro pasaba por eses ollos verdes tan bonitos que ten, pero iso seguro que ti xa o sabes. E estou por apostar que se non abortases, el mesmo se facía cargo do pequecho do seu mellor amigo, ese malnacido. ¿Seguro que non che dixo nada?
-¡Que poética estás hoxe! Non, home, ¡que va! Aínda que xa o estiven pensando. Segue vindo a verme, regaloume algúns libros bastante significativos e pídeme axuda non só cos deberes, senón tamén cando ten algún problema.
-Pois...
E ahí rematou a conversa. Miña tía fixo a cea xa que mañá teño que madrugar. Estou un pouco nerviosa porque levo casi un mes e medio sen ir ao instituto e non sei que vai suceder. Durante a cea miña tía non tocou máis o tema de Lucas. Logo, preto das dez, subín ao meu cuarto e deixei os dous libros na estantería. Cando me deitei, collín Ben quiere a Ana para comezalo. Era o máis pequeno e a curiosidade tirábame cara ese.

CONTINUARÁ