miércoles, 25 de agosto de 2010

Cuarto 136

E xa está aquí o capítulo 2 traducido ao galego:

Luns, 16 de Xaneiro
Espertei. Había claridade no cuarto. Estaba empapada nunha suor fría. Tan fría como a noite do sábado. Lisa, a enfermeira, estaba preparando a cama do lado, polo visto tería compañeira.
-¡Bos días, Ainara!
-Bos días, Lisa. Pareces contenta.
-¡Para non estalo! O director acábame de ascender. Agora son a xefa das enfermeiras.
-Alégrome moito por ti.
-¡Grazas! Agora che traio o almorzo -iba a marchar, pero debeu de lembrarse de algo porque sacou un pequeno sobre do peto da bata-. Un rapaz deixou isto para ti.
Quedeime de pedra, ¿un sobre para min? E a pregunta importante, ¿de que rapaz? Oxalá que sexa de Lucas. Solo de pensar que sexa de Jose póñenseme os pelos de punta.
Dinlle a volta ao sobre, por se tiña algún nome. Temblábanme as mans. A suor fría da noite aumentaba a causa dos nervios e as preocupacións. ¡Non había ningún nome! Dentro había un papel pregado dun caderno e o resgardo dunha librería cercana ao hospital. ¡Que extraño! Desdobrei o papel. Era unha carta. Mirei donde debería estar a firma. Era a de Lucas. Tiven dúas sensacións: a de alivio por non ser de Jose e a de unha gran emoción e curiosidade por saber que diría:

Ainara,
Perdoa se onte me fun dunha forma brusca, pero supoño que a ti che pasa o mesmo; tiña demasiadas cousas na cabeza e necesitaba despexala.

Canta razón ten. Non sei se el a despexaría, pero eu teñoa máis nublada que o Everest nun día de néboa.

Sei que o estás pasando moi mal, pero quero que sepas que contas co meu completo apoio para o que sexa. E que podes confiar en min. Referente aos deberes non dudes que chos leve. Tamén, se che interesa, informareite do que pase na clase.

Parece que vai en serio. Se no fondo é un ceo.

Sei que cho dixen xa pero, que sepas que por min nadie saberá nada.
Con todo o cariño do mundo,
Lucas.

Xa non podo ter dúbidas, podo confiar plenamente nel. Grapado á carta hai un papel pequeniño.

P.S.: Pídelle a alguén que vaia á librería do resgardo e, que colla unha cousa que hai. Para que se che pasen estes días voando.

Lisa chegou co almorzo. Era a persoa perfeta.
-Lisa, ¿tes algún momento libre máis tarde?
-Si, agora teño un descanso. ¿Que queres?
-Que vaias a esta librería e que recollas algo que hai alí para min, por favor.
-Si, claro que podo, ¿que é?
-Nin idea.
Dinlle o resgardo da librería a Lisa e foise. Unha hora despois, Lisa estaba de volta, cun paquete. Abrino. Era un libro, Sin familia de Hector Malot. Dinlle a volta para ver o resumo. Non tiña, polo título semellaba interesante e sentín unha gran curiosidade de porque Lucas elixira aquel libro. Se mo daba, sería por algo. Pasei o resto do día tumbada na cama. Entre o libro e as visitas de Lisa, fóiseme o día voando. Se o resto iban a ser como ese, seguro que se cumpría o propósito de Lucas. Ou iso espero.

CONTINUARÁ

                     
Neste capítulo presenteivos un libro. A primeira vez que o lin tiña eu 14 anos e gustoume moitísimo. Este  autor francés ensínanos a través das viaxes de Rèmi por Francia e Inglaterra uns principios morais e educativos ademáis da importancia do amor e a amizade sobre todo o material. A pesar de ser unha obra escrita a finais do século XIX, o que nos ensina ben o podemos levar a práctica hoxe, no século XXI, e debemos telo moi en conta.
Nesta obra nárrase como Rèmi un neno de oito anos se entera de que súa nai, a señora Barberin, en realidade adoptouno tras encontralo nunha  rúa de París cando era un recén nacido. O seu padrastro ahora inválido véndeo a un artista da rúa chamado Vitalis que se encargará de educalo mentras recorre Francia cunha compañía de teatro. Así comeza unha longa aventura que o levará ata encontrar a súa verdadeira familia.
Aquí vos deixo un enlace a un documento .pdf no que está o libro completo por se vos entrou a curiosidade ( http://adarleatomos.webs.com/Malot%20Hector-Sin%20Familia.pdf ). E para os que non son moito de libros,  esta novela tamén foi adaptado ao cine e tamén foi adaptada ao anime xaponés.

domingo, 22 de agosto de 2010

A lingua galega

O tema da lingua galega e a súa normalización é algo moi perseguido e recorrente na actualidade.

Hai que reflexionar sobre que entran máis falantes de galego nas escolas dos que saen e son as xeracións máis novas as que falan menos galego aínda que, paradoxicamente os maiores falan galego. Isto ocorre porque moitos avós falan en castelán cos seus netos, e ven derivado pola concepción de inferioridade do galego.

O galego xa tentara ser substituído polo castelán na época dos Reis Católicos quedando relegado ó uso familiar. Posteriormente, coa ditadura franquista, volveuse a atentar contra o noso idioma e retrocedeuse no que se lograra adiantar.

Hai que sinalar que na actualidade os xornais galegos están case todos en castelán e contamos cun diario gratuito en galego: “De luns a venres” e pouco máis.

Na televisión temos unha canle en galego, a TVG, e a partir de febreiro de 2006 a Galega 2. En radio temos a radio galega e tamén pouca cousa máis, e todo isto inflúe na utilización do castelán en detrimento do galego.

Cómpre sinalar que na TVG tamén hai publicidade emitida en castelán o que mostra os prexuízos dalgunhas marcas contra o galego. Do mesmo xeito, cabe salientar que a Igrexa sempre viviu de costas ó idioma e ata hai pouco non se introduciu o noso idioma nos actos relixiosos.

Actualmente falouse de que na ensinanza 1/3 das clases se impartiran en Galego, 1/3 en Castelán e 1/3 en Inglés. Esta teoría non pode ser calificada doutro xeito que "innovadora". Como imos poñer na balanza a estas tres linguas coma se fosen iguais? Hai que aclararlles, ensinarlles, mostrarlles ós señores políticos que estas tres linguas atópanse en desigualdade. Isto é así, simplemente, porque o Castelán é unha lingua maioritaria, a lingua A, por así dicilo, e o galego está nun segundo plano co cal poñelo á mesma altura non vai funcionar. Paréceme un delito que se lle preste a mesma atención á nosa lingua nai que ó castelán.

Por outra banda, o inglés é unha lingua estranxeira e recibir o mesmo número de clases na túa lingua nai e nun idioma que non é o teu non me parece lóxico.

Ademáis, é moi importante salientar que as persoas galegofalantes dominan moito mellor as dúas linguas que aquelas que son castelanfalantes. Será que, ó fin e o cabo, o galego non é unha lingua de paletos e ignorantes, non??

Para rematar, só quero nomear unha frase de Castelao do seu ensaio “Sempre en Galiza”: “A superioridade dunha persoa non está no idioma no que fala, está no que sabe, no que di e no que pensa”.

domingo, 8 de agosto de 2010

Cuarto 136

Toda historia ten un comezo. As veces, comézase a escribir sen saber o porqué ou nun lugar tan normal como unha cafetería, un parque ou mentres esperabas ese autobús a túa mente empezou a maquinar unha historia, que logo acaba en papel. No meu caso a miña historia comezeina a escribir no instituto, na aula de educación plástica un luns pola tarde que a profesora non viñera. Estabamos todos, pero naquel intre que escribín o comezo, tan só estaba eu, a miña mente, e o papel e bolígrafo. Quería escribir, pero sobre algo que moitos desexamos que ocorra. Encontrar a aquela persoa que te entende, te coñece tal como es e quere estar contigo incondicionalmente nas boas e nas malas. Polo visto iso foi o que lle ocorreu a protagonista da miña historia, Ainara. Ela xa coñecía a esa persoa, pero despois dun terrible encontro, comezaron a verse e a coñecerse realmente como son interiormente. Tan só é unha historia, nin moi boa e nin moi mala, penso, pero disfruto moito escribindoa.  Aquí vos deixo o primeiro capítulo a ver que vos parece!!




CAPÍTULO 1

Domingo, 15 de Xaneiro
    Era un cuarto melancólico e frío, pero a súa simple presencia, facía que fose cálido e o mellor lugar do mundo. Dada a miña situación poderíase esperar que calquera persoa me confortara, despois do sufrimento da noite de facía dúas semanas. Aquela noite de sábado para domingo. Esa noite que parecía tan lonxana como imposible, pero era verdade, sucedeu e estaba ahí, no meu pensamento. A enfermeira axudoume a deitarme e foise. Pola ventá entraba unha débil luz que o iluminaba todo, incluso el semellaba tranquilo. Non sei como unha persoa pode estar tan tranquila despois de  recoller a alguén desmaiado nunha librería e levala ao hospital. Pero gustábame esa tranquilidade que proviña del, facíame sentir segura.
Miroume, miroume dunha maneira tan especial e tan chea de preocupación que non fun quen de miralo aos ollos. avergonzábame da miña situación. Tumbada diante de alguén ao que cría coñecer. Eu, no seu lugar, limitaríame a chamar. Pero él non chamou, él viu e estaba sentado a miña esquerda no que parecía unha banqueta.
Despois do ocurrido, outra rapaza que estivera no meu lugar diríalle o que sente, pero eu non era capaz. Non estaba segura do que sentía naquel momento. Tampouco sabía se confiar nel e dicirlle todo, por que me desmaiei, a causa de que e como estaba. Coñecíao, iba na miña clase e, as veces, sentábase detrás miña, pero nunca me falou directamente. Ben, unha vez preguntoume de onde era.
Non me encontraba moi ben, a verdade, non sabería dicir como me sentía.
-¿Como te sentes? -preguntoume, pero parecía que me preguntaba polos meus pensamentos e non pola miña saúde. Non lle souben responder. ¿Estaba ben? Imposible, nadie se encontraría ben despois de todo aquilo. ¿Estaba mal? Tampouco, no me doía nada, só estaba cansada. ¿Entón, que me ocurría? "Estás embarazada", dixérame a enfermeira. ¡Embarazada! Era unha tolería. ¿Direillo? Se llo digo non sei que sucedería, e cando volva ao instituto vai a ser horrible, pero... ¿volverei? Eu quero estudar. Entón non llo digo, pero cando empece a faltar ao instituto vai a desconfiar e tamén se enfadará. ¡Non sei que facer! So teño 17 anos e... ¡agora un bebé! Pero axudoume, e viu a visitarme. Iso debe de significar algo. Creo que merece a verdade. Pois... ahí vai.
-Estou... -¿como sigo?- mellor, pero...
-¿Pero? -parecía preocupado, ¿por que se preocupa tanto por min? E... ¿por que el? Non podía ser un velliño que fora comprar o xornal. Pois non, tiña que ser xusto o rapaz que me gustaba. Acabemos con isto dunha vez.
-Pero... estou embarazada -¡xa está! Mireino, nin sequera se moveu. ¿Que dirá?
-E agora, ¿que vas facer? -parecía aínda máis preocupado e incluso culpable, pero ¿por que? Se non sabe quen foi, iso só o sei eu. Oxalá non mo pregunte, non sei se llo direi, de momento non. É mellor así.
-Non o sei -sentíame decepcionada. Sempre souben que facer en todo tipo de situacións e agora non o sabía. Estaba confusa. O único que fixo foi collerme a man e sorir. Non sei, pero sentinme mellor, sentir a súa man na miña, era un gran consolo.
-¿Canto tempo vas botar aquí? -¿por que quería sabelo?
-Sobre tres días -porque teño o azúcar ou a tensión baixa. A enfermeira dixera algo, pero xa non me lembro.
-¿Vas llo dicir a alguén aparte da túa familia? -¡Vaia, unha pregunta que me sei!
-Non, e ti non llo vas dicir a nadie, ¿verdade?
-¡Non! Claro que non, podes confiar en min -¡que ben! Dixo a frase máxica-. Entón, ¡se queres, claro! Podo traerche os deberes e os apuntes do que vaiamos facendo na clase. ¡Solo se queres!
¡Non mo podía crer! ¡Quería volver a verme! ¿A ver se el...? Non, iso era imposible. Pero el nunca fixo os deberes nin tomou apuntes e agora, quere facelo todo durante uns días. ¿Por min? Non me collía na cabeza, non o acabo de entender.
-Pero... ¿por que? -a verdade é que era unha pregunta estúpida, pero necesitaba que mo dixera- ¿Por que fas todo isto por min?
-Non sei -quedeime sen palabras. Polo visto non era a única que non sabía o que sentía. Pero non acabara...-. Quizáis me importes bastante -¡impórtolle!-. Ben, xa é tarde... -¡Que non siga!- Téñome que ir. Mañán non podo, pero o martes, se queres volvo -¡Claro que quería! Asentín e foise. Vai volver. ¡Non mo podía creer!
¿Que fago agora? Demasiadas emocións por hoxe, mellor descansar. A luz foi desaparecendo, deixando paso ao confuso mundo dos soños, o dos pesadelos. A noite do sábado de Noite vella, o terribe suceso reapareceu outra vez, masacrando a miña mente. Volvín recordar o tormento sufrido. Interminable. Doloroso. Nin o recordo de Lucas parecía aplacar o meu sufrimento e a miña dor.

CONTINUARÁ

jueves, 5 de agosto de 2010

Ola!

A creación deste blog, desta nova historia, é o xeito de poñer de manifesto os pensamentos, emocións, creacións e sentimentos de dúas rapazas, amigas e irmás (non irmás de sangue, senón irmás de corazón)
O obxectivo do blog non é outro que o de ter a opción de expresarnor e deixar claro que a xuventude tamén sabe falar e opinar. Nada de "xente nova e leña verde todo é fume".

Pois ben, Yoli e máis Lucía son dúas rapazas de 17 e 19 anos respectivamente. Yoli é unha futura estudante dun Grao en Inglés (cada vez está máis preto de selo) e Lucía é estudante de 2ª dun Grao en Educación Primaria (maxisterio para que nos entendamos).
Somos, como xa dixen, amigas e irmás de corazón, con moitas cousas que contar, moito que dicir, moitas ganas de vivir e moitos soños que cumprir.
Este é o noso blog e o noso xeito de darvos a benvida.
Desexamos que vos guste!!!!!