jueves, 5 de agosto de 2010

Ola!

A creación deste blog, desta nova historia, é o xeito de poñer de manifesto os pensamentos, emocións, creacións e sentimentos de dúas rapazas, amigas e irmás (non irmás de sangue, senón irmás de corazón)
O obxectivo do blog non é outro que o de ter a opción de expresarnor e deixar claro que a xuventude tamén sabe falar e opinar. Nada de "xente nova e leña verde todo é fume".

Pois ben, Yoli e máis Lucía son dúas rapazas de 17 e 19 anos respectivamente. Yoli é unha futura estudante dun Grao en Inglés (cada vez está máis preto de selo) e Lucía é estudante de 2ª dun Grao en Educación Primaria (maxisterio para que nos entendamos).
Somos, como xa dixen, amigas e irmás de corazón, con moitas cousas que contar, moito que dicir, moitas ganas de vivir e moitos soños que cumprir.
Este é o noso blog e o noso xeito de darvos a benvida.
Desexamos que vos guste!!!!!

2 comentarios:

  1. Ola!!!!!! o voso primeiro comentario e no primeiro día!! jeje! non vos podedes queixar, eh!! Está moi bonito a pesar de ser o primeiro día, pero irase pondo máis chulo co paso do tempo, ou non?? Veña un bico pas dúas.
    Xely

    ResponderEliminar
  2. jajajajajaja!!!!!grazas Xely (son Lucía). porase máis bonito, claro q si. esperams q vos guste a todos, tanto as historias como todos os temas q tratemos!!!!un biko!!!

    ResponderEliminar