domingo, 22 de agosto de 2010

A lingua galega

O tema da lingua galega e a súa normalización é algo moi perseguido e recorrente na actualidade.

Hai que reflexionar sobre que entran máis falantes de galego nas escolas dos que saen e son as xeracións máis novas as que falan menos galego aínda que, paradoxicamente os maiores falan galego. Isto ocorre porque moitos avós falan en castelán cos seus netos, e ven derivado pola concepción de inferioridade do galego.

O galego xa tentara ser substituído polo castelán na época dos Reis Católicos quedando relegado ó uso familiar. Posteriormente, coa ditadura franquista, volveuse a atentar contra o noso idioma e retrocedeuse no que se lograra adiantar.

Hai que sinalar que na actualidade os xornais galegos están case todos en castelán e contamos cun diario gratuito en galego: “De luns a venres” e pouco máis.

Na televisión temos unha canle en galego, a TVG, e a partir de febreiro de 2006 a Galega 2. En radio temos a radio galega e tamén pouca cousa máis, e todo isto inflúe na utilización do castelán en detrimento do galego.

Cómpre sinalar que na TVG tamén hai publicidade emitida en castelán o que mostra os prexuízos dalgunhas marcas contra o galego. Do mesmo xeito, cabe salientar que a Igrexa sempre viviu de costas ó idioma e ata hai pouco non se introduciu o noso idioma nos actos relixiosos.

Actualmente falouse de que na ensinanza 1/3 das clases se impartiran en Galego, 1/3 en Castelán e 1/3 en Inglés. Esta teoría non pode ser calificada doutro xeito que "innovadora". Como imos poñer na balanza a estas tres linguas coma se fosen iguais? Hai que aclararlles, ensinarlles, mostrarlles ós señores políticos que estas tres linguas atópanse en desigualdade. Isto é así, simplemente, porque o Castelán é unha lingua maioritaria, a lingua A, por así dicilo, e o galego está nun segundo plano co cal poñelo á mesma altura non vai funcionar. Paréceme un delito que se lle preste a mesma atención á nosa lingua nai que ó castelán.

Por outra banda, o inglés é unha lingua estranxeira e recibir o mesmo número de clases na túa lingua nai e nun idioma que non é o teu non me parece lóxico.

Ademáis, é moi importante salientar que as persoas galegofalantes dominan moito mellor as dúas linguas que aquelas que son castelanfalantes. Será que, ó fin e o cabo, o galego non é unha lingua de paletos e ignorantes, non??

Para rematar, só quero nomear unha frase de Castelao do seu ensaio “Sempre en Galiza”: “A superioridade dunha persoa non está no idioma no que fala, está no que sabe, no que di e no que pensa”.

2 comentarios:

  1. ola chicas!!! gústame ese fondo que lle puxestes ao blog, estavos a quedar ben. Se queredes facer unha visitiña no meu eu encantada, a dirección é: http://verdadessueltas.blogspot.com/
    Espero que vos guste se o visitades, e xa vos porei como un dos blogs que sigo. Felicitovos pola idea de escribir na nosa lingua, a nosa maravillosa lingua... moitos biquiños.

    ResponderEliminar
  2. ola!! son yoli. k tal che vai todo??
    gustoum moito que nos comentases. o teu blog tamén está moi ben (reivindicativa como sempre, jejeje!!). bueno xa logo empezan as clases eu xa teño plaza na residencia xusto ao lado da facultade, q sorte tiven!! e ti que é de ti, se queres podes enviarm un correo a min ou ao blog. bikos

    ResponderEliminar