CAPÍTULO 1
Domingo, 15 de Xaneiro
Era un cuarto melancólico e frío, pero a súa simple presencia, facía que fose cálido e o mellor lugar do mundo. Dada a miña situación poderíase esperar que calquera persoa me confortara, despois do sufrimento da noite de facía dúas semanas. Aquela noite de sábado para domingo. Esa noite que parecía tan lonxana como imposible, pero era verdade, sucedeu e estaba ahí, no meu pensamento. A enfermeira axudoume a deitarme e foise. Pola ventá entraba unha débil luz que o iluminaba todo, incluso el semellaba tranquilo. Non sei como unha persoa pode estar tan tranquila despois de recoller a alguén desmaiado nunha librería e levala ao hospital. Pero gustábame esa tranquilidade que proviña del, facíame sentir segura.
Miroume, miroume dunha maneira tan especial e tan chea de preocupación que non fun quen de miralo aos ollos. avergonzábame da miña situación. Tumbada diante de alguén ao que cría coñecer. Eu, no seu lugar, limitaríame a chamar. Pero él non chamou, él viu e estaba sentado a miña esquerda no que parecía unha banqueta.
Despois do ocurrido, outra rapaza que estivera no meu lugar diríalle o que sente, pero eu non era capaz. Non estaba segura do que sentía naquel momento. Tampouco sabía se confiar nel e dicirlle todo, por que me desmaiei, a causa de que e como estaba. Coñecíao, iba na miña clase e, as veces, sentábase detrás miña, pero nunca me falou directamente. Ben, unha vez preguntoume de onde era.
Non me encontraba moi ben, a verdade, non sabería dicir como me sentía.
-¿Como te sentes? -preguntoume, pero parecía que me preguntaba polos meus pensamentos e non pola miña saúde. Non lle souben responder. ¿Estaba ben? Imposible, nadie se encontraría ben despois de todo aquilo. ¿Estaba mal? Tampouco, no me doía nada, só estaba cansada. ¿Entón, que me ocurría? "Estás embarazada", dixérame a enfermeira. ¡Embarazada! Era unha tolería. ¿Direillo? Se llo digo non sei que sucedería, e cando volva ao instituto vai a ser horrible, pero... ¿volverei? Eu quero estudar. Entón non llo digo, pero cando empece a faltar ao instituto vai a desconfiar e tamén se enfadará. ¡Non sei que facer! So teño 17 anos e... ¡agora un bebé! Pero axudoume, e viu a visitarme. Iso debe de significar algo. Creo que merece a verdade. Pois... ahí vai.
-Estou... -¿como sigo?- mellor, pero...
-¿Pero? -parecía preocupado, ¿por que se preocupa tanto por min? E... ¿por que el? Non podía ser un velliño que fora comprar o xornal. Pois non, tiña que ser xusto o rapaz que me gustaba. Acabemos con isto dunha vez.
-Pero... estou embarazada -¡xa está! Mireino, nin sequera se moveu. ¿Que dirá?
-E agora, ¿que vas facer? -parecía aínda máis preocupado e incluso culpable, pero ¿por que? Se non sabe quen foi, iso só o sei eu. Oxalá non mo pregunte, non sei se llo direi, de momento non. É mellor así.
-Non o sei -sentíame decepcionada. Sempre souben que facer en todo tipo de situacións e agora non o sabía. Estaba confusa. O único que fixo foi collerme a man e sorir. Non sei, pero sentinme mellor, sentir a súa man na miña, era un gran consolo.
-¿Canto tempo vas botar aquí? -¿por que quería sabelo?
-Sobre tres días -porque teño o azúcar ou a tensión baixa. A enfermeira dixera algo, pero xa non me lembro.
-¿Vas llo dicir a alguén aparte da túa familia? -¡Vaia, unha pregunta que me sei!
-Non, e ti non llo vas dicir a nadie, ¿verdade?
-¡Non! Claro que non, podes confiar en min -¡que ben! Dixo a frase máxica-. Entón, ¡se queres, claro! Podo traerche os deberes e os apuntes do que vaiamos facendo na clase. ¡Solo se queres!
¡Non mo podía crer! ¡Quería volver a verme! ¿A ver se el...? Non, iso era imposible. Pero el nunca fixo os deberes nin tomou apuntes e agora, quere facelo todo durante uns días. ¿Por min? Non me collía na cabeza, non o acabo de entender.
-Pero... ¿por que? -a verdade é que era unha pregunta estúpida, pero necesitaba que mo dixera- ¿Por que fas todo isto por min?
-Non sei -quedeime sen palabras. Polo visto non era a única que non sabía o que sentía. Pero non acabara...-. Quizáis me importes bastante -¡impórtolle!-. Ben, xa é tarde... -¡Que non siga!- Téñome que ir. Mañán non podo, pero o martes, se queres volvo -¡Claro que quería! Asentín e foise. Vai volver. ¡Non mo podía creer!
¿Que fago agora? Demasiadas emocións por hoxe, mellor descansar. A luz foi desaparecendo, deixando paso ao confuso mundo dos soños, o dos pesadelos. A noite do sábado de Noite vella, o terribe suceso reapareceu outra vez, masacrando a miña mente. Volvín recordar o tormento sufrido. Interminable. Doloroso. Nin o recordo de Lucas parecía aplacar o meu sufrimento e a miña dor.
CONTINUARÁ

No hay comentarios:
Publicar un comentario