jueves, 25 de noviembre de 2010

Deprimente ou anecdótico??

A universidade, ese lugar ó que sempre quixen ir dende pequeniña. A universidade, o sitio onde estudas unha carreira á que rematarás adicándote, se tes sorte, o resto da túa vida. A universidade, ese lugar que soñache que sería perfecto, onde atoparías xente xenial, aprenderías cousas sorprendentes sobre a profesión a que te queres adicar,… e a vida universitaria, aquela coa que sempre soñache e, de súpeto, daste conta de que todo non é tan bonito como parece.

Por fin, despois de estudar durante anos, chega o día no que entras por primeira vez na túa facultade, formas parte dos universitarios. Persoalmente ese primeiro día estaba moi nerviosa, non sabía co que me ía atopar ainda que tiña unha imaxe mental previamente feita, imaxe que, por desgraza, non se corresponde coa realidade.

Pois ben, como dicía chegas á facultade e daste conta de que as túas expectativas non son reais. Ese edificio que esperabas que fose bonito e confortable, non o é. E non o é porque nada máis velo vénseche ñá cabeza a imaxe dunha “caixa de zapatos”, como ben dixo unha compañeira.

Para continuar, entras e esperas atopar taquillas, mesas e sillas nas aulas,… o mais normal do mundo, creo eu. Pois non. Taquillas, se se lle pode chamar así, hai pero son….minúsculas e… en fin, non é o que me esperaba. As mesas…as mesas non existían…só existían dúas aulas despostas en forma de grada e con mesas de corrido…dúas aulas ben feitas en toda a facultade…xenial!!! Eas sillas das demais aulas…sillas con pala minúscula onde non se pode apoiar un folio completamente…unha maravilla!!! Perfecto todo para o maravilloso plan Bolonia según nos quixeron facer crer. Menos mal que tras protestar nos puxeron mesas nas aulas…pero isto xa o referín noutro artigo.

Continuemos entón con outro tema: os mestres. Que se espera dun profesor de universidade?? É ben sinxelo: que teña coñecementos da materia e saiba cegar ós alumnos. Con qué nos atopamos?? Cunhas persoas que teñen moitísimo coñecemento da súa materia, iso non se discute. Entón cal é o problema?? O xeito de impartir as clases. Todo o que tratan que ti leves a cabo nun futuro cando sexas mestre, eles non o fan. É unha continua contradicción. Deberemos ser quen de impartir unha ensinanza globalizada, interdisciplinar. Utilizar técnicas “novedosas” que farán que os nosos alumnos cheguen a resultados impresionantes,…pero os nosos mestres seguen utilizando clases maxistrais e aburridas propias do século anterior.

Por se fora pouco, e para colmo de males, fannos descubrir (ou máis ben obrígannos a cambiar o noso xeito de pensar) que todo o que estudamos ata o de agora era mentira. Durante todos estes anos de estudo estivéronnos enganando.

Non, non é un chiste. Aanálise morfolóxica aprendida era “defectuosa”, era unha falsidade. Isto é só un exemplo xa que hai milleiros de cousas máis que non son como criamos. Sabiades que hai verbos que indican “acontecemento anterior ó posterior ó anterior ó momento da enunciación?? Si, é de tolos seino.

Cal é a miña conclusión de todo isto?? Pois non o sei ben, non son quen de decidir se todo isto é deprimente ou anecdótico. A vida universitaria da que todo o mundo fala, na que hai montóns de festas e diversión eu non a vexo. A única “diversión” (debería dicir máis ben que é o único que podemos facer xa que non hai tempo para máis) que vexo son os milleiros de traballos que se acumulan enriba do meu escritorio, os milleiros de apuntamentos por estudar e os exames imposibles de aprobar.

A extasiosa vida universitaria da que me falaron traduciuse nunca estresante situación que invita á depresión día si e día tamén.

2 comentarios:

  1. Ay lu!!!! canta razon tes, sobre todo no dos traballos q se acumulan enriba do escritorio.....
    maldito plan Bolonia!!!!!
    bicos

    ResponderEliminar
  2. Grazas x lerme sempre María!!!!Un bikazooooo!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar