Venres, 20 de Xaneiro
O resto da semana non pasou moi rápido, pero tampouco se me fixo eterno. Lucas viu a visitarme o mércores que era o meu último día no hospital e o xoves volvín á casa. Tiña tantas ganas de regresar ó meu cuarto. Ademáis, Lucas viu pola tarde, despois das clases. Durante eses días, facíamos os deberes e correxíamos os do día anterior, tamén comentábamos algunhas cousas do libro, aínda que nos faltaba moi pouco para acabalo. Todo seguía igual. Pola contra, o venres ocorreu algo que non me esperaba e que, en certo modo, me inquietaba. Lucas viu, como todos os días despois do xantar, despois de que miña nai fora traballar. Non sei que opinará sobre as súas visitas, pero de momento nunca me dixo nada.
Escoitei pecharse a porta principal e sentín voces no recibidor. Pasados uns minutos, Lucas entrou no meu cuarto; semellaba nervioso, pensativo e moi, moi sobresaltado, nese momento foi cando me empecei a intranquilizar. Algo iba mal. Sentou na silla que había a miña esquerda con movementos rápidos e deume un sobre. Outro sobre sen remitente que iba dirixido a min, pero esta vez tamén a Lucas. ¡Que raro! Empeceime a preguntar de quen sería, pero non se me ocorría nada de nada. Collín o sobre, pero non fun capaz de abrilo. Temblábanme as mans. ¿Por que non había nada orixinal na miña vida? ¿Por que todo eran situacións repetidas e iguais?
-Ábreo ti -estaba nerviosa e iso non axudaba á hora de abrir un sobre-. Agarda un momento -miroume, interrogándome cos seus ollos verdes-, ¿quen cho deu?
-Nin idea. Ó chegar a casa encontreino dentro da miña mochila -en realidade non sei de quen será, pero de boas a primeiras prefire quedar no anonimato.
Abriu o sobre, estaba intranquilo, pero soubo controlarse. Vino cambiar de expresión tan rápido como unha andoriña de direción. Non sei en que estaría pensando pero pasou de nervioso e inquieto a aliviado e, pode, un pouco máis intranquilo. Pasoume a carta que contiña o sobre. No mesmo intre no que a tiven nas miñas mans vin a firma. Parecíame incrible. E, como Lucas, estaba aliviada pero á vez intranquila, pois era a sinatura de Alicia.
-Polo visto o do martes non era unha coincidencia.
-¿Xa a leches? -sabía que non, aínda que decidín preguntarllo de todas formas. Non sabía o que poría na carta, nin se era bo ou malo. Non sei por que pero intentei retrasalo o máximo posible.
-Non. Cando a encontrei vinme rapidamente. Estaba preocupado. E quería que a víramos xuntos, non sabía que facer -ben, xa eramos dous.
-A verdade é que... non creo que vaia saber que facer.
-Seguro que entro os dous saberemos -e sorriu debilmente, pero todo quedou ahí, nun amago dun radiante e alentador sorriso. Comecei a ler en voz alta:
Ainara e Lucas:
Necesito dicirvos que sei o motivo da túa ausencia, Ainara, non che vou pedir que me contes o ocorrido na madrugada de Aninovo; non quero que o revivas pola miña culpa.
Tiven que meterche o sobre na mochila, Lucas, para que ninguén puidera sospeitar. O último sería causarvos aínda máis problemas.
Para calquera cousa que necesitedes podedes contar comigo, como amiga, ou como o que queirades. E ante todo, podedes confiar en min. Non llo vou contar a ninguén sen o voso consentimento.
Espero que poidas volver pronto a clase, Ainara, sexa no estado que sexa, porque estaste perdendo a parte de literatura que máis che gusta: o Romanticismo.
Deica outra,
Alicia.
Quedámonos en silecio un bo rato. El non sei, pero eu quedeime sen palabras. ¿Por que de repente todo o mundo quería axudarme? Sen que fora consciente diso, fíxenme esta pregunta en voz alta, porque foi Lucas quen me respondeu.
-Porque eres unha das mellores persoas que hai no mundo. Para min, a outra é miña nai -riu no seu interior, pero no mesmo segundo púxose serio e miroume-. ¿Que vas facer agora?
-Ben, despois disto supoño que contarlle a verdade. Non sei como, pero fareino.
-Se queres, podo...
-Non, non é preciso -sabía que tiña que facelo eu, suguramente a Alicia non lle ocultaría nada. Incluso ela podería aconsellarme que facer e dicirme se debería contarllo todo a Lucas-. Escribireille unha carta e ti poderías darlla -repasei mentalmente como era unha das súas clases, buscando o momento máis oportuno para que el puidera darlle o sobre sen levantar sospeitas-. ¿Tedes que entregarlle algún traballo para a semana?
-Sí. ¿Lémbraste das frases que fixemos onte? Pois son para o próximo xoves.
-Ben. Entón teño tempo para ordenar as ideas -e buscar a mellor maneira para dicirllo todo, supoño que podo confiar nela. Xa sei que tamén en Lucas, pero creo que non está preparado para saber toda a verdade. Cando a sepa non volverá a ser o mesmo e agora, tan só necesito que se comporte con total normalidade-. ¿Poderías entregarlla co teu traballo?
-Sí claro -puxémonos a facer os deberes, pero Lucas non estaba concentrado. Algo lle preocupaba. Cando o mirei aos ollos, evitoume. Parecía que intentaba ocultarme algo pero non o conseguiu. Deuse conta de que non me iba a enganar e de que non o iba a deixar correr. Suspirou, miroume e volveu suspirar. Coa mirada insteino a que mo contara-. É Jose -agora foi cando me arrepentín de preguntar-. Leva un tempo comportándose dunha maneira moi rara. Non sei. Ao mellor estoumo imaxinando.
-¿Como de rara? -pregunteillo sen pensar. Sorprendeuse pola miña pregunta, pero finxín unha falsa preocupación. Dándolle a entender que quería que mo contara.
-Non sei como describila. Sei que algo cambiou porque está máis distante e xa non ven a miña casa tanto coma antes. Parece arrepentido de algo. Onte pregunteille que lle ocorría pero non me dixo nada, incluso me ignorou.
-Sinceramente non sei que dicirche, non o coñezo ben. Pero ao mellor non é nada importante, quizás teña algún problema na casa.
-Non sei, non sei -parecía aturdido, incluso derrotado, debía de importarlle moito. Pero eu non podía dicirlle nada para consolalo, non sería obxectiva. Jose tiña motivos suficientes para sentirse culpable-. ¿Que cres que debo facer?
-Últimamente non sei nin que debo facer eu misma, pero ben. Quizás deberías deixarlle un pouco de espacio e non agobialo. Espera a que estexa preparado para contarcho -cando chegue ese momento, haberá problemas. Non quero causarlle ningún, pero tampouco que perda ao seu mellor amigo por min.
-Quizás teñas razón -oxalá. A iso das seis e media foise.
Entre o fin de semana e o luns aproveitarei para escribirlle a carta a Alicia, xa que son os días nos que Lucas non ven. Do que si teño medo, é desa carta, ¿e se por algunha circunstancia da vida, Lucas decide lela antes de darlla a Alicia? Descubrirá o motivo de moitas cousas e o peor de todo é que non sei como vai reaccionar.
É posible que sexa mellor que o sepa pola carta, así saberá tamén, porque non quixen contarllo. A verdade é que creo que non serei quen de dicirlle nada e se o descubre por si mesmo, non saberei reaccionar. Uf, isto cada vez ponse máis de telenovela hispanoamericana. ¿E se tampouco llo digo todo a Alicia? ¿A quen lle podo pedir axuda? Necesito consellos ou simplemente que alguén me diga o que teño que facer. ¿Pero quen? Falarei con miña nai. Ben, teño tempo ata o martes que volve Lucas.
A noite non foi mellor que as de toda a semana. O mesma pesadelo do un de xaneiro. Unha e outra vez. Non me acostumei aínda a elas, pero xa non me afectan tanto.
CONTINUARÁ
¿Descubrirá Lucas a verdade que Ainara trata de ocultarlle? Se a descubre, ¿como reaccionará? ¿QUE PASARÁ? Máis no próximo capítulo de Cuarto 136.
No hay comentarios:
Publicar un comentario