O profesor universitario Jesús Neira saltou ós medios de comunicación debido á súa heroica actuación nun caso de violencia de xénero.
Violeta Santander estaba sendo agredida, presuntamente, pola súa parella, Antonio puerta, e o protagonista deste artigo defendeuna o cal lle custou graves lesións por parte da parella da agredida.
Naquel momento, no 2008, esta actuación fixo que Jesús Neira fose alabado e eloxiado por todos aínda que Antonio Puerta quedou en liberdade.
Por outra banda, este caso fixo que recibise a Medalla de Ouro ó Mérito Cidadá da Comunidade de Madrid, a Medalla de Ouro do Senado e a Gran Cruz do Mérito Civil. Tamén se lle concederon numerosos premios como o Premio Dereitos Humanos 2008 da Asociación Pro Dereitos Humanos de España e comezou a ocupar o posto de presidente do Consello Asesor do Observatorio Regional contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid.
Na actualidade esta imaxe intachable foi substituída pola de fascista, Neira é visto coma un membro de extrema dereita e a continuación podemos ver o por qué.
A finais do mes de agosto do presente ano Neira foi detido pola Guardia Civil tras observar que un vehículo circulaba pola rúa facendo “eses”. Cando se lle realiza o control de alcoholemia descúbrese que triplicaba a taxa pero, o incrible é que ofrece resistencia ás autoridades e, ademais, asegura que só tomou unha copa.
En declaracións posteriores Jesús afirma que non inxerira máis que unha copa de alcohol, que el non bebe porque está a tomar unha medicación coa que non pode mesturar bebidas alcoholicas. A pregunta é, se non pode tomar este tipo de bebidas, por que o fixo?? E o máis importante, pensa que somos todos parvos para crer iso despois de que ó realizarlle a proba deu positivo??
Por outra banda, asegura estarlle agradecido ás autoridades por telo detido xa que el notaba que non se atopaba ben, e non era quen de conducir. E se isto é certo, por que non se detén?? Por que continúa ó volante?? Pareceme incrible, unha burla cara os españois.
Esta situación desencadeou graves críticas polos medios de comunicación que anteriormente o calificaran como heroe e, ademais, fixo sair á luz estrepitosamente, serias declaracións que tiña feito na contra do presidente do goberno, da Constitución, etc.
Actualmente certas persoas declararon que, cando Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid, lle ofreceu o cargo como presidente do Consello Asesor do Observatorio Regional contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid, fixoo para tentar ocultar, evitar denuncias por parte do profesor por irregularidades médicas que sufriu mentras se estaba a recuperar da agresión recibida.
Ademais, no seu polémico libro “España sin democracia” criticou gravemente a Constitución o que lle custou acusacións de fascista e de membro de extrema dereita.
Para continuar, numerosas asociacións defensoras dos dereitos da muller afirman que Neira non posúe a “sensibilidade” nin o “coñecemento” precisos para presidir dito Consello.
Finalmente, o día 6 do presente mes o profesor foi condeado a 1800€ de multa e á retirada do carné de conducir durante dez meses por triplicar a taxa de alcohol. Ademais, Esperanza Aguirre destituiu a Neira do seu cargo no Consello contra a Violencia de Xénero. A resposta de Neira?? Que agradecía que lle sacasen o carné porque non lle gusta conducir e así tiña unha escusa para non ter que facelo. Incrible non??
Despois de ver todo isto, e logo de telo reflexionado, cal pode ser o pensamento dos españois?? Resumireino brevemente: este señor tomounos o pelo a todos; estase rindo de nós coas súas declaracións; as súas críticas contra a constitución poden demostrar as afirmacións de quen o denomina fascista; o cargo que ocupou grazas á presidenta da Comunidade de Madrid foi un insulto cara todas as mulleres que padecen violencia de xénero porque esta persoa é a menos indicada para ocupalo; se tivese un mínimo de decencia sería el o que había de dimitir de dito cargo; a sanción imposta é insuficiente; e, o que é máis importante, todos estes recentes sucesos fannos pensar e, polo que a min respecta, dubidar moito de que o caso de violencia de machista que o fixo saltar á palestra tivese sucedido como nos quixo facer crer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario