sábado, 25 de septiembre de 2010

Á Sra. Decana “en funcións” da Facultade de Ccias. Da Educación e do Deporte de Pontevedra:

Son unha alumna deste centro e gustariame dirixirme a vostede para aclararlle un par de puntos que, o outro día, me deixaron pensando, reflexionando sobre o que tentou explicarnos.
Os alumnos de segundo do Grao en Educación Primaria presentamos unha protesta ante o mal estado do mobiliario das aulas. Posuimos unhas desastrosas sillas nas que apenas podemos tomar apuntes debido a que a pala cae, nalgunhas xa non hai pala, son incómodas e, ainda non logramos descubrir como chegar a poñer un portátil nesa maravillosa pala.

Cando entregamos a protesta, vostede mesma se encargou de deixarme claro que o centro non tiña cartos, que cada unha desas “maravillosas” sillas lle custara 300€, que eran as máis adecuadas para os traballos en grupo do “inmellorable” Plan Bolonia e que, como non, arrastraban unha débeda de 10000€ debido á compra dunhas mesas que xa reclamaramos o ano pasado. Si, para aqueles que non saiban de que vai isto, xa presentaramos a mesma protesta o pasado ano e só puxeron mesas na aula da que recibiron as protestas, co cal, este ano, atopámonos na mesma tesitura.

Pois ben, vostede, Sra, Decana, entro una aula moi ofendida polo feito de que a protesta fose a mesma do ano pasado e, tamén, porque tivemos o erro de poñer Sr. en lugar de Sra. Pola miña parte, autora da protesta, pídolle desculpas polo gran erro de poñer Sr. pero creo que debe ter en conta que, se vostede se sente ofendida por iso, nós sentímonos ofendidos polo feito de ter que estar sentados nunhas sillas onde non nos entra nin un folio. Ademais, a protesta era a mesma pero, se o problema tamén é o mesmo, que se supón que debbemos facer?? Pero, se ben é certo, non se trata xusto da mesma protesta xa que hai un parágrafo novo, un parágrafo que di algo así “…presentamos a mesma protesta o ano pasado e o único que conseguimos foi que se puxesen mesas na nosa aula de referencia naquel momento, co cal, este ano atopámonos na mesma tesitura. A pregunta é, teremos que estar protestando todos os anos polo mesmo?...”

Se vostede lese todo o escrito daríase conta de que hai algo diferente e de que, nós mesmos, lle estamos a dicir que é a mesma protesta, co cal, cal é o problema??

Por outra banda, cando nos di que cada silla lles custou 300€ e que as mesas do ano pasado lle supuxeron 10000€ que aínda están arrastrando, que é o que pretende?? Dar pena?? Penso que eses prezos son unha estafa así que, quizais, o que deberían facer sería comparar prezos e elixir ben o lugar onde mercar o mobiliario.

Para finalizar, cando nos fala dos recortes de presuposto que están a sufrir a min ocúrreseme facerlle unha comparación para que sea quen de darse conta de as necesidades básicas sempre teñen que ser cubertas.

Pois ben, o exemplo é o seguinte: neste momento en España hai moitísimas familias que están vivindo do paro, unha desas é a miña. Aínda que o paro supón moitos menos cartos que cando se está a traballar, esas familias ó igual que a miña, teñen que seguir cubrindo as súas necesidades básicas como o son comer, vestirse,… Polo tanto, por moitos recortes que se teñan dado na facultade, as necesidades básicas do alumnado teñen que ser cubertas e, na miña opinión, unha delas é a de ter mesas nas que poidamos escribir comodamente, isto é básico nun proceso de enssinanza-aprendizaxe.

Espero que se chega a ler este escrito reflexione e se dea conta das nosas razóns. Non nos queixamos por vicio.

2 comentarios:

  1. A ver se lee isto a Sra. Decana, que o dudo moito. En fin, quen a miraría a ela tendo que coller apuntes nesas "mini mesas", por chamalas de algunha maneira, e empregando o portátil, que non cabe nin a metade del,iso si, mentras a pala non caia.
    saúdos

    ResponderEliminar
  2. jajajaajajaja!!!!!grazas x comentar luciii!!!!!pois non sei se o lera, pero estou x imprimilo e entregarllo!!!pero claro, ela esta moi comoda na sua super mesa e falando 30 min x telf sen pagar nada e cobrando ben a fin de mes, mentras tanto nos somos os q nos jodemos!!!!!arriba a revelion!!!!!jajajajajaja bikos nenaaaa

    ResponderEliminar