viernes, 10 de septiembre de 2010

A lei do aborto

A nova lei do aborto que entrou en vigor o 5 de Xullo do presente ano foi motivo de numerosas manifestacións na súa contra. Imos repasar un pouco os antecedentes desta lei e reflexionar sobre ela.

En 1985 estableceuse xa unha lei sobre o aborto que contemplaba a posibilidade de abortar en tres casos. Na actualidade foi substituida pola tan polémica “Lei de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo”.

Cando en 1985 entrou en vigor unha lei que permitía o aborto, supuxo un gran avance xa que ata ese momento o aborto en España sempre fora ilegal.

Pois ben, esta lei contemplaba a posibilidade de interromper o embarazo sempre que: supuxese un perigo para a vida ou saúde física ou psíquica da embarazada, en caso de violación e no suposto de que o feto tivese graves problemas físicos ou psíquicos.

As diferenzas que esta lei posúe coa súa sucesora son as seguintes: actualmente establécese o aborto libre ata a semana 14 de xestación e ata a 22 no caso de risco da vida ou a saúde da muller, ou de graves anomalías no feto; sitúa nos 16 anos a maioría de idade para decidir sobre a interrupción do embarazo, aínda que sinala que polo menos un dos pais ou titores legais das rapazas de 16 e 17 anos deberá ser informado da súa decisión de abortar, agás cando este feito lle produza un conflito grave con risco de ameazas, coaccións ou malos tratos, en cuio caso a decisión dependerá do médico, e a menor deberá ir acompañada polo menos dun dos seus representantes legais.

Despois de ter aclarado todo isto temos que salientar varias cousas. O goberno tivo que enfrontarse a varias manifestacións na contra da implantación desta lei e a pregunta é, quen son os que se opoñen a ela?? Nos tempos nos que corren todos deberiamos sabelo xa pero, por se hai alguén que aínda non o saiba, voullo a dicir: os grupos máis conservadores e, por suposto, a igrexa Católica.

Estes grupos alegan o dereito á vida dese “neno” que ven en camiño, e eu, que son así de preguntona, digo: E os dereitos das mulleres??, o dereito desa muller embarazada de decidir o que quere facer???, non ten ela dereito a opinar???
Pois miren vostedes, esa muller ten uns dereitos, ten o dereito de decidir o que quere, ela é a que ten que pensar se quere ou non ter ese neno. Esa muller xa está neste mundo mentres que ese neno ainda non o está.
Por outra banda, a Igrexa Católica califica de asasinato o aborto, fálanos de que interromper un embarazo é un crime. Pois ben, eu dígolle á Igrexa, pregúntolle quen se cren eles para falarnos a nós de moral e ética?? Eles son os que mataban xente inocente coa Santa Inquisición, o Papa é o que vive cómodamente no Vaticano mentres centos de nenos morren de fame no mundo, centos de curas son acusados de pederastia,… e eles son os que intentan falarnos de moral e ética a nós??? Non me fagan rir!!!!
Por outra banda, que a lei do aborto entre vigor non significa que as mulleres estemos obrigadas a abortar, nin moito menos. Significa que se nos abre a posibilidade de facelo, de evitar embarazos non desexados, de poder decidir se queremos ou non ser nais nese momento pero, en ningún momento se nos vai obrigar a facelo e, polo tanto, non entendo esa necesidade de manifestarse e tentar evitar que esta lei vexa a luz. Non serán os que se opoñen os que pretenden obrigarnos a actuar do xeito que eles queren?? Non son eles os que intentan quitarnos esa posibilidade de decidir??
Para rematar, estou de acordo coa Organización Médico Colegial cando sinala que a posibilidade que se lles brinda de abortar ás menores que alegan violencia familiar, implica que, respaldándose nisto poidan abortar sen informar a seus pais sempre que conten coa autorización dun médico e, seguramente, máis dunha alegará isto para non ter que contarllo ós seus progenitores. E todo isto sen mencionar o feito de que estas rapazas sexan consideradas menores para votar pero non para interromper un embarazo o cal me parece unha hipocresía.

Persoalemente, a lei paréceme moi acertada, estou a favor de que as mulleres sexamos libres de decidir se queremos ou non continuar cun embarazo, sen embargo, atopo un erro o feito de permitir un aborto a unha menor de idade sen consentimento de seus pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario