miércoles, 1 de septiembre de 2010

O maravilloso "Plan Bolonia"

O Plan Bolonia, ese que nos quixeron vender como a solución para todos os problemas da educación universitaria española, ese contra o que non serviron de nada manifestacións e protestas múltiples, ese maravillosisisímo plan é unha estafa.
Os grandiosos políticos deste país amosáronse a favor deste plan milagro que disque nos elevaría ó nivel do resto dos países de Europa, sería, por así dicilo, unha especie de panacea, milagroso.

Pois ben, teño que dicir que isto non é así, e non o é por varios motivos que vou expoñer a continuación.

Por unha banda atopámonos con que a asistencia a clase é obligatoria o cal é maravilloso. Si, paréceme moi oportuno que ós universitarios se nos trate coma se tivesemos 10 anos e aínda estivesemos na Educación Primaria. Pero pensémolo ben, vostedes cren que por que se nos obrigue a asistir a clase xa imos ser máis brillantes que o resto de estudantes de Europa??? Eu difiro desta opinión.

Por outra banda, o maravilloso Plan Bolonia eleva os traballos en grupo á calidade de milagros ou algo polo estilo. Para todas as asignaturas ha de haber traballos grupais, traballos que, como é común, sempre son realizados por dous ou tres membros do grupo mentres o resto rañan na barriga. Obviamente, cando chega a hora de calificar estes traballos, eses parasitos recibirán a mesma calificación da xente que si traballou. E eu pregúntome, isto é bo, axuda a elevar o noso nivel de coñecementos???? Permítanme que difira tamén neste punto.
Pois ben, continuemos con outro exemplo. Os alumnos pioneiros en estrear o Plan Bolonia atopámonos con que nin sequera os profesores saben como funciona realmente, non teñen idea de que traballos poñernos e rematamos por facer cousas totalmente absurdas. Pero iso si, todo isto está ben feito porque o maravilloso plan panacea fará que sexamos xenios. Estes son só uns ejemplos de todas as tolerías que conforman o milagreiro plan. Non me fagan rir por Deus!!!

Para rematar, eu son da opinión de que para elevar o nivel dos estudantes españois, para que poidamos competir co resto de Europa, a solución sería, quizais, unha mellor formación dos profesores. Que os mestres saiban como achegar os coñecementos ós alumnos, que non os machaquen tentando que aprendan unha gran cantidade de cousas para que logo as esquezan. Señores, o que importa na aprendizaxe é a calidade e non a cantidade.

2 comentarios:

  1. Estou completamente dacordo coa reflexión feita sobre o Plan Bolonia! Ogallá algún día os nosos "políticos" posúan dous dedos de frente e deixen de tomar decisións que nos traten coma nenos. Gústame a reflexión! Moito!

    ResponderEliminar
  2. Alegrom d q che gustase a reflexion cesi. (son lucía e, como t podes imaxinar, eu son a autora do artigo sobre o plan bolonia q obviament é "maravilloso" jajajajaja!!!!un biko e non deixes d visitar o blog!!!!=)

    ResponderEliminar