CAPÍTULO 5
Venres, 27 de Xaneiro
-Ola Jorge, son Lucas.
“¿Que pasa? ¿Que facedes que non chegastes aínda?”
-É Jose, que non aparece.
“A este rapaz cada vez véselle menos. Ben, entón xa quedaremos outro día.”
-Vale, adeus.
“Ata outra.”
No fondo dinlle as grazas a Jose por non vir. Así podía ir a ver a Ainara.
Fun á estación e collín un autobús cara a zona residencial onde vivía Ainara. O traxecto non era moi longo, non máis de corenta minutos. Non fun capaz de desconetar e relaxarme. Tiña a cabeza feita un lío e iso que aínda non empezáramos cos exames. Sei que Ainara non mo contou todo para non facerme dano pero, ¿por que? Dixenlle que podía confiar en mín. Non o podo entender. E aínda por riba, Jose leva unhas semanas moi raro. Non me dirixe a palabra, chega tarde a clase e a todas partes e non me mira á cara, como intentando esconder algo. Compórtase como se fixese algo malo. E para enredar máis esta situación, meus pais. Non lles dixen nada sobre Ainara e o raro é que non me preguntan nada de nada. Cando saía antes polas tardes, miña nai sometíame a un interrogatorio de terceiro grao. Para saber que fixera, que bebera, a onde fora e, sobre todo, con quen estivera. Pero agora que practicamente desaparezo da casa despois do instituto non me fai nin unha soa pregunta. É raro, pero así tampouco lles teño que mentir.
O autobus parou. O barrio residencial estaba ao este da cidade e preto do instituto ao que vamos. A súa casa está ao fondo da primeira rúa. É a número 36, desde o momento en que vin por primeira vez a esta casa, sempre me pareceu raro que o cuarto do hospital donde estivo Ainara fora o 136. Creo que nunca estiven tanto tempo nun hospital desde que naceu miña irmá Daniela e diso xa fai 7 anos.
Cheguei á casa e toquei ó timbre. Ninguén abriu. ¿Pasaría algo? Se fora algo malo xa me enteraría. Din que as malas noticias voan. Chamei por segunda vez, pero tampouco abriron.
-Sairon pola mañá cedo -xireime cara a casa da dereita. Unha señora baixiña cunha regadeira na man falábame dende a porta da súa casa-. ¿Quen es ti?
-Un amigo de Ainara. ¿Sabe a onde foron? -non sei se a muller escoitou a miña pregunta. De feito creo que me ignorou.
-¡Ah! Xa sei quen es. Vinte vir visitar á filla de Marina esta semana.
-¿Pero sabe a onde foron?
-Si, creo que ao hospital. Foron Marina e a súa filla, porque Ignacio foi abrir a libraría, como todas as mañás.
-Moitas grazas. Adeus.
-¡Adeus!
A veciña dos Leyva Prieto seguiu regando as súas plantas deixándome con máis dudas que antes. ¿que pasaría para que tivesen que ir ao hospital? Ao mellor sí iba facer un control rutinario.
Xa van ser as doce e media. Mellor que vaia ao instituto. Onte pola tarde, Alicia chamou a miña casa. Díxome que quería falar comigo. Non sei sobre que, pero igualmente lle dixen que iría no segunto recreo. Agora que o penso, acábome de lembrar que onte pola mañá lle din a carta de Ainara, donde creo que lle conta toda a verdade do que sucedeu en Aninovo. Preciso tanto sabelo todo, que estiven a unto de lela, pero non o fixen. Non sei por que Ainara mo oculta. Ben, menos mal que ó estar o instituto ao lado do barrio residencial non chegarei demasiado tarde.
Hai dous institutos públicos. Nun ademáis de secundaria tamén hai bacharelato e no outro formación profesional. Eu vou ó primeiro e non está nada mal. Ten de dúas a catro clases por curso e preto de trinta alumnos por clase. Pódese dicir que está bastante completo. Nótase sobre todo nos recreos e á hora da salida, que é cando nos xuntamos todos.
Quedara con Alicia na miña clase polo que subín dous pisos e entrei na primeira clase á esquerda da parte máis nova do instituto, destinada ás aulas de bacharelato. Cando entrei na clase xa estaba Alicia sentada na mesa do mestre e cun sobre diante. Cada vez tiña máis curiosidade por saber de que quería falarme. Pode ser que fora sobre a miña melloría na materia. As clases de Ainara estábanme axudando moito. Xa casi facía máis cousas sen dubidar, ben e á primeira. Ou sobre Ainara, pero non sei que me quere dicir. Entrei na aula.
-Hola Lucas -Alicia levantouse e apoiouse no borde da mesa diante miña-. Grazas por vir.
-Hola, ¿de que querías falarme? -estaba tan tranquila que non debía ser nada malo. Ou tamén pode que sexa malo e de entrada non queira asustarme.
-É sobre Ainara...
-¿Pasoulle algo? ¡Pero non te cales!
-Eu non sei como dicircho. Así que é mellor que leas isto, así entenderalo dunha vez por todas.
Tendeume o sobre que supuxen era a carta que lle escribira Ainara. Non sei cal será a verdade pero temo o peor. Desde o día que a encontrei desmaiada naquela libraría e a levei ao hospital, imaxinábame cousas. Debía relaxarme un pouco. As cousas non podía ir a peor. Ou iso creo. Collín o sobre e abrino. Agora mesmo teño entre as mans as respostas que preciso. Éntranme as dudas.
-Non sei se debo...
-Lea
Ben, alá vou.
Alicia.
Non sei como dirixirme a ti. Fáiseme moi raro pensar en ti como algo distinto a unha mestra.
Despois do sucedido, fáiseme moi difícil confiar na xente. Sobre todo á que “creo” coñecer. A xente sempre me sorprende para ben ou para mal. Claro está que non facía falta que me sucedera tal cousa para darme de conta.
Referente a mín, creo que estou ben dentro do que cabe. Meus pais querían levar ao culpable a xuízo, como é lóxico, pero disuadinos. Exactamente non sei porque o fixen, pero naquel momento non sei en que pensaba. Ao mellor si mo propoñen para a semana igual lles digo quen foi. Debe pagar polo que fixo.
Polo menos, de todo isto sairá algo bo e é que as notas de Lucas mellorarán coas miñas clases. E seguirá así mentres non saiba quen é a personaxe que tratei de ocultar, sin motivo, pero xa estou farta de encubrir unha inxustiza. Cando el o saiba, non sei que vai pasar. Supoño que se levará unha decepción. Son consciente de que mentres non o asuma non volverei a velo por aquí. Enténdoo. Creo que entenderás todo isto se che digo que o culpable estaba moi borracho e é Jose, o mellor amigo de Lucas.
Atentamente,
Ainara.
Foi Jose, o meu mellor amigo. Esas palabras aínda resonaban na miña cabeza. Non o podo crer, pero agora todo encaixaba. Por iso Jose se comportaba desa maneira tan rara. El acordábase de todo, seguro, a pesar de estar “moi borracho” aquela noite. Tampouco me parece normal isto último xa que nunca bebemos ata o extremo de perder o control. Aquela noite eu non salín. Sempre me pareceu unha loucura saír en Aninovo.
De repente, a porta da aula abriuse.
-¡Hoal Alicia! Podo fal... -pasou a súa mirada desde a carta ata min dúas veces. Vin o medo reflexado na súa cara- Lucas... eu...
Comprendo perfectamente que mo ocultara, pero nese momento todo me semellaba imposible. Teño que falar con Jose. Da súa boca asomaba o que parecía unha desculpa, pero non lle din nin tempo. Deixei a carta encima da mesa, diante de Alicia, e funme correndo. Non me daría conta do dano que lle faría a Ainara ata uns días máis tarde, pero naquel momento a miña fuxida era necesaria e tampouco parei a pensar. Simplemente, fuxín.
CONTINUARÁ
¿Por que Ainara tivo que ir ao hospital? ¿Realmente era un control rutinario? ¿Que irá facer agora Lucas, que xa sabe toda a verdade? E sobre todo, o máis importante ¿que quererá dicir "non me daría conta do dano que lle faría a Ainara"?
Lucas saberao dentro de case dúas semanas, pero tranquilos, que para a semana que ven xa poderedes ler o próximo capítulo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario